Raxería San Marcos, de Santiago, e Cárnicas Máximo, de Verín, compiten en 'Negocios de familia'

Primeira entrega de Negocios de Familia. TVG
photo_camera Primeira entrega de Negocios de Familia. TVG

A TVG ofrecerá esta noite unha nova entrega de Negocios de familia, un concurso que quere dar a coñecer e poñer en valor os pequenos negocios familiares de Galicia.

Esta semana competirán a Raxería San Marcos, de Santiago, e Cárnicas Máximo, de Verín. Representando a Raxería San Marcos estará Bea, que leva catro anos á fronte do negocio. É a xefa e encárgase de organizar 12 empregados e, ademais, axuda un pouco en todo cando fai falta. Tamén concursarán Merchi, a xefa de cociña, unha muller con moita retranca, e o seu sobriño Rubén, que ten boa man cos clientes, aínda que tamén ten moito carácter. Os seus pais xa tiveron negocios de hostalería, polo que algo xa sabía do tema. Esta familia vén disposta a dalo todo por gañar o premio de 1.500 euros do programa.

Desde Verín chegarán tres homes da mesma familia: Manolo e Máximo, os fillos do creador das carnicerías, e Álex, o fillo de Manolo. Máximo ocúpase das contas e de preparar o xamón, Manolo encárgase da xestión da compravenda, e Álex, o máis novo, dedícase a atende o público.

Comentarios