RTVE publica as 14 cancións candidatas a ir a Eurovisión

Terra, de Tanxugueiras competirá no Benidorm Fest por un pase para estar no famoso festival
Tanxugueiras. EUROPA PRESS
photo_camera Tanxugueiras. EUROPA PRESS

Radiotelevisión Española (RTVE) publicou as 14 cancións que competirán o próximo mes de xaneiro no Benidorm Fest, a preselección española de Eurovisión 2022, e xa se poden escoitar os temas completos, que sairán nas plataformas dixitais ao longo da semana.

Azúcar Moreno con Postureo; Blanca Paloma con Secreto del agua; Chanel con Slo Mo; Gonzalo Hermida con Quién lo diría; Javiera Mena con Culpa; Luna Ki con Voy a morir, Marta Sango con Sigues en mi mente; Rayden con Calle de la llorería; Rigoberta Bandini con Ay mamá; Sara Deop con Make you say; Tanxugueiras con Terra; Unique con Mejores; Varry Brava con Raffaella e Xeinn con Eco son os 14 artistas que optan a representar a España en Eurovisión 2022.

Os 14 temas pódense escoitar no site do Benidorm Fest e en RTVE Play. Ademais, durante todo o día, varios programas de RTVE difundirán e analizarán estas propostas da man dos artistas.

Entre os 14 artistas que optan a representar a España no próximo Festival de Eurovisión en Turín (Italia) atópanse unhas repetidoras, Azúcar Moreno, que de lograr o pase, volverían a Eurovisión 32 anos despois de BandidoPostureo é o novo tema que presentan. 

Sabela, Olaia e Aida forman o grupo Tanxugueiras, e defínense como mulleres fortes, valentes e empoderadas a través da súa música folclórica galega. Cantareiras dunha nova década, expoñentes dunha xeración aberta á evolución das músicas de creación colectiva galega.

Publicaron 4 singles en 2021 e pasaron por máis 100 escenarios do mundo acompañadas polas súas pandereitas. Terra é a súa canción, que inclúe unha frase en todas as linguas cooficiais de España. É a primeira vez que unha canción en galego opta a representar a España en Eurovisión. 

Así son as 13 cancións que competirán con 'Terra'

Postureo, de Azúcar Moreno


Secreto del agua, de Blanca Paloma


Slo Mo, de Chanel 


Quién lo diría, de Gonzalo Hermida 


Culpa, de Javiera Mena


Voy a morir, de Luna Ki 


Sigues en mi mente, de Marta Sango


Calle de la llorería, Rayden


Ay mamá, de Rigoberta Bandini 


Make you say, de Sara Deop


Mejores, de Unique


Raffaella, de Varry Brava


Eco, de Xeinn

Comentarios