CINE:
¡Sigue la fiesta!

Resacón 3 chega hoxe ás salas de cine chamada a reventar a recadación coa súa fórmula exitosa de comedia absurda e actual. Dirixida por Todd Phillips e protagonizada por Bradley Cooper, Ed Helms, Zach Galifianakis, Justin Bartha e Ken Jeong, a terceira parte da saga Resacón en Las Vegas volve levar esta panda de amigos a disparatadas situacións.

E a outra estrea forte da fin de semana é o thriller romántico 360: Juego de destinos, que vén avalado pola presenza de Anthony Hopkins, Jude Law, Rachel Weisz e María Flor. Narra historias de amor e as relacións que unen os personaxes de distintas cidades e países. Intensa e conmovedora.

E a terceira estrea a destacar ten selo español. Hijo de Caín é o novo de José Coronado, que baixo a dirección de Jesús Monllaó Plana conta a historia dun psicólogo infantil que tentará entrar no mundo dun rapaz complexo, cunha intelixencia excepcional e unha única afección: o xadrez. Coronado fai de pai do rapaz, mentres que no papel da nai está María Molins, mentres que Julio Manrique encarna o psicólogo. Ao final, non todo nesa familia é o que parece a simple vista.

Outras estreas de hoxe
Madres de Mayo
Pablo Yotich narra a desgarradora historia da Arxentina de finais dos 70, coa ditadura rachando miles de vidas

El gran golpe
Co aval de ser a película máis exitosa de Corea do Sur chega esta cinta de acción ao estilo Ocean’s Eleven

Todo irá bien
Christoffer Boex dirixe este thriller danés no que un home atropela outro e dáse á fuga cunhas fotos que lle atopa que amosan torturas militares

De qué va la vida
Documental de Ángel González e Hugo Burgos de 80 minutos sobre as cousas que preocupan ao ser humano

Comentarios