miércoles. 25.11.2020 |
El tiempo
miércoles. 25.11.2020
El tiempo

A sexualidade centra a 'XXXII Semana Galega de Filosofía'

Lores recibindo a Ana Regueira (esquerda) e Montse Fernández, da Aula Castelao. J. CEVERA-MERCADILLO
Lores recibindo a Ana Regueira (esquerda) e Montse Fernández, da Aula Castelao. J. CEVERA-MERCADILLO
As conferencias do ciclo, que se desenvolverán entre o 6 e o 10 de abril no Teatro Principal, reflexionarán sobre cuestións como a pornografía, a prostitución e o aborto

Temas como a pornografía, a transexualidade, a prostitución, as enfermidades de transmisión sexual e o aborto serán tratados durante a XXXII Semana Galega de Filosofía, que este ano estará adicada á sexualidade. Así o avanzaron onte a presidenta da Aula Castelao, Ana Regueira, e a tesoureira da asociación, Montse Fernández, que lle presentaron o ciclo de conferencias ao alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores. As dúas lembraron durante o encontro que a actividade se podía celebrar grazas á renovación do convenio de colaboración que a Aula mantén co Concello e que inclúe, ademais dunha achega económica, o uso do Teatro Principal.

A Semana da Filosofía, que se presentará oficialmente o vindeiro venres, celebrararse no Principal entre o 6 e o 10 de abril e volverá contar cada día con sesións de mañá, tarde e noite. As mañás estarán reservadas para a análise puramente filosófica con conferencias protagonizadas por profesores universitarios e especialistas nos ámbitos científico, antropolóxico, sociolóxico ou do pensamento. As tardes servirán para analizar diferentes cuestións dende unha perspectiva galega. As charlas das noites, dirixidas a un público máis amplo, adoitan ter un carácter máis divulgativo.

''Desta vez o tema é a sexualidade, un asunto de actualidade e interese, cunha chea de vertentes que se prestan á análise'', indicou Lores. ''Durante unha semana, Pontevedra volverá ser a capital da filosofía no Estado, converténdose nun espazo de debate e reflexión''.

Segundo indicou a Aula Castelao, a elección dun tema como o da sexualidade ten que ver cunha serie de cuestións de actualidade recente, como poden ser a polémica levantada pola reforma da Ley do Aborto ou o nacemento en Galicia dunha asociación de pais de nenos transexuais, que precisan dunha análise ampla sobre o tema.

A sexualidade centra a 'XXXII Semana Galega de Filosofía'
Comentarios