Tanxugueiras mándanlle un recado ao xurado do Benidorm Fest desde o 'Luar'

As pandeireteiras visitaron este venres o programa de Gayoso, o  máis visto do día en Galicia
LuarTanxugueiras e Chanel TVE
photo_camera LuarTanxugueiras e Chanel TVE

Tanxugueiras visitaron este venres o Luar da TVG e participaron nun momento histórico da televisión galega: a primeira conexión simultánea en directo entre dous programas de televisión de TVG e TVE. 

E é que Luar e Las claves del siglo XXI facilitaron unha conversa entre Tanxugueiras e Chanel, na que todas lanzaron mensaxes en defensa da música e contra os discursos de odio. 

Tanxugueiras aproveitaron a ocasión para mandarlle un recado ao xurado do Benidorm Fest, despois de que transcendera que un dos cinco membros outorgou mellor valoración ao videoclip de Gonzalo Hermida ca a actuación das pandeireteiras. Este é o momento:

 

Ao longo de toda a emisión, a TVG recibiu mensaxes de todas as partes do mundo que ían aparecendo na pantalla, á vez que se mesturaban actuacións no plató de varios artistas con homenaxes ás Tanxugueiras. 

O #LuarTanxugueiras foi o programa máis visto este venres en Galicia. Obtivo unha cuota de pantalla do 19,1%, superando en máis de dous puntos a seguinte canle (Antena 3), e duplicando case en audiencia a oferta de Telecinco. 

Comentarios