miércoles. 23.09.2020 |
El tiempo
miércoles. 23.09.2020
El tiempo

A TVG estrea 'Negocios de familia' este martes

Unha imaxe do primeiro programa. ZENIT TV
Unha imaxe do primeiro programa. ZENIT TV
O espazo producido por El Progreso viaxa a Friol no seu debut

TVG estrará o vindeiro martes, en horario de prime time (sobre as 10.00), o programa Negocios de familia, que producen Productora El Progreso e Zenit TV e que será conducido polo popular presentador Juan Fuentes.

Trátase dun concurso no que se enfrontarán cada semana dúas empresas familiares galegas, co obxetivo de acadar un premio de 1.500 euros.

Ao longo do espacio, as empresas familiares participantes trasladarán á audiencia as características de cada un dos pequenos negocios, dando tamén a coñecer aos membros da familia propietaria.

Tamén se analizarán os distintos problemas cos que atopan os empresarios na actividade que desenvolven e mesmo se intentarán aportar solucións imaxinativas, a través da participación de expertos asesores na actividade comercial.

O obxectivo será dar a coñecer o pequeno tecido empresarial galego e tamén a súa problemática cotiá.

Negocios de familia consta de 13 programas, que arranca o vindeiro martes co duelo entre os donos da Ecotenda Traloagro, de Friol —que se adica ao cultivo e venda de productos ecolóxicos— e os da Pulpería Roberto, de O Carballiño (Ourense).

En vindeiros capítulos tamén participarán negocios de Lugo como Duet Moda ou Panadería Pallares, ambos os dous en Sarria, ou Multitenda Agarimo, en Lugo cidade.

A TVG estrea 'Negocios de familia' este martes
Comentarios