Un último esforzo antes do merecido descanso e coa vista posta na Universidade

Máis de 70 estudantes de Pontevedra e a súa área realizan o exame para optar ao premio extraordinario de Bacharelato
Estudantes, este xoves, tras realizar a proba para o premio. BEATRIZ CÍSCAR
photo_camera Estudantes, este xoves, tras realizar a proba para o premio. BEATRIZ CÍSCAR

Remataron o Bacharelato cunha nota excelente –unha media de 8,75 como mínimo–, superaron a Abau e quizais xa teñan botado a solicitude para matricularse na Universidade, pois o prazo abriu o pasado 21 de xuño. Pero aínda non estaban de vacacións de todo, pois onte tiñan un último obstáculo na súa carreira cara ao merecido descanso estival: as probas para obter un dos prezados 20 premios extraordinarios de Bacharelato que convoca a Consellería de Educación.

O CIFP A Xunqueira foi o centro elixido para a realización da proba en Pontevedra. Alí estaban convocados 73 estudantes de 23 colexios e institutos de Pontevedra e a súa área de influencia, así como da comarca do Salnés. En toda Galicia foron admitidos 650 bachareis.

CIFP A Xunqueira probas do premio extraordinario de Bacharelato Estan convocados 55 estudantes de Pontevedra e comarcas A segunda proba acaba as 13 45 ainda que pode que saian un pouco antes A idea seria facerlles unhas fotos de grupiño ao sair (bcr_____265.JPG)

Algo máis da metade dos convocados procedían da capital da provincia, concretamente 34: IES Sánchez Cantón (8), CPR Los Sauces (8), IES Torrente Ballester (6), CPR Sagrado Corazón (5), IES Valle Inclán (4) e IES Frei Martín Sarmiento (3).

Os demais estudantes chegaron desde o IES Aquis Celenis de Caldas (6), IES Laxeiro de Lalín (6), IES Illa de Tambo de Marín (4), IES O Carril de Vilagarcía (4), IES Castro Alobre de Vilagarcía (3), CPR Sek-Atlántico de Poio (3), IES Antón Losada Diéguez da Estrada (2), IES Chan do Monte de Marín (2) e IES de Soutomaior (2). Finalmente, cun representante cada un, contaron os IES Johan Carballeira (Bueu) e Chano Piñeiro (Forcarei), o CPR San Narciso de Marín e os IES de Ponte Caldelas, IES de Vilalonga (Sanxenxo), IES Armando Cotarelo Valledor (Vilagarcía) e IES A Basella (Vilanova de Arousa).

CIFP A Xunqueira probas do premio extraordinario de Bacharelato Estan convocados 55 estudantes de Pontevedra e comarcas A segunda proba acaba as 13 45 ainda que pode que saian un pouco antes A idea seria facerlles unhas fotos de grupiño ao sair (bcr_____270.JPG)

A proba

A finalidade destes premios é "recoñecer e valorar os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo" do alumnado que cursou cun excelente resultado académico o bacharelato en Galicia. Cada premio está dotado con 1.000 euros e, ademais dun diploma, da dereito a concorrer ao premio nacional e á exención, "durante o primeiro ano e por unha soa vez" do pagamento dos prezos públicos por matricularse nos estudos superiores nun centro público no curso 2022-2023.

A proba estruturouse en dúas partes: a primeira incluíu unha análise e comentario crítico dun texto sobre un tema de carácter xeral, histórico, filosófico ou literario, e unha reposta a cuestións sobre un texto na primeira lingua estranxeira. A segunda parte incluíu exercicios prácticos dunha materia xeral troncal a elixir.