sábado. 23.01.2021 |
El tiempo
sábado. 23.01.2021
El tiempo

Los niños de O Bierzo mejoran su gallego

Un total de 113 alumnos de Primaria e Secundaria da comarca do Bierzo, en León, inician este luns unha visita a Galicia, dentro do programa de estudos de galego que realizan nos seus centros de ensino.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística organiza esta viaxe de estudos no marco do acordo de colaboración existente entre a Xunta de Galicia e a Junta de Castilla y León, para facilitar a aprendizaxe do galego nas zonas galegofalantes das provincias de León e Zamora.

Os nenos proceden de 12 centros de ensino das localidades de Vilafranca do Bierzo, Cacabelos, Ponferrada, Camponaraia, A Placa, Toural dos Vados, Toural de Meraio e Ponte de Domingo Flárez. O grupo está integrado por 71 alumnos e alumnas de terceiro ciclo de Primaria, de entre 10 e 12 anos de idade, e 42 de Ensino Secundario, con idades comprendidas entre os 13 e os 17 anos.

Os obxectivos fixados consisten en achegar o alumnado visitante a realidade lingüística e cultural de Galicia, promover o uso e o contacto directo co idioma e coa cultura galega, dar a coñecer diferentes mostras do patrimonio xeográfico e fomentar o intercambio directo do alumnado de diferentes comunidades autónomas.

Los niños de O Bierzo mejoran su gallego
Comentarios