viernes. 28.01.2022 |
El tiempo
viernes. 28.01.2022
El tiempo

Xerais traduce ao galego a obra coa que Redondo gañou o Premio Planeta

Dolores Redondo
Dolores Redondo
'Todo isto che darei' é unha novela negra ambientada na Ribeira Sacra

Edicións Xerais presentou este martes a tradución ao galego da obra ambientada en Galicia coa que Dolores Redondo gañou o Premio Planeta, Todo isto che darei.

Ao acto, celebrado en Monforte, acudiron, ademais da propia autora, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universiaria, Román Rodríguez; o director de Edicións Xerais, Manuel Bragado; así como o alcalde de Monforte, José Tomé, entre outros.

Na súa intervención, o conselleiro destacou que Todo isto che darei é unha novela negra que ten unha "dobre vinculación con Galicia". Por unha parte, polas orixes da propia autora (con antepasados paternos en Pontevedra e a súa avoa materna en Corme), e pola propia trama, ambientada na Ribeira Sacra.

Precisamente, Román Rodríguez destacou a importancia que ten a elección do espazo dunha novela na promoción turística e cultural e na dinamización económica dunha zona concreta. Neste caso, subliñou que a novela de Dolores Redondo reflicte a esencia da Ribeira Sacra, un espazo no que "se sintetizan natureza, paisaxe, arte e traballo na terra".

Tras agradecer a Dores Redondo esta obra, Román Rodríguez recordou que é o cuarto Premio Planeta -un dos máis prestixiosos do panorama nacional- vinculado con Galicia e que previamente recibiron Fernando Bermúdez de Castro, Torrente Ballester e Camilo José Cela.

Xerais traduce ao galego a obra coa que Redondo gañou o Premio...
Comentarios