viernes. 21.01.2022 |
El tiempo
viernes. 21.01.2022
El tiempo

''Al empezar lo tomé a broma y ya llevo siete años dando charlas con nariz de payaso''

pallasos_lv.jpg
pallasos_lv.jpg

Ana Lojo (Vilagarcía de Arousa, 1972) asegura que o máis bonito do seu traballo é tratar con xente diferente cada día e aprender cousas novas sempre. Esta moza deixou as comodidades do primeiro mundo para marchar a Guatemala e informar, a través dun sorriso, dos problemas e a transmisión do VIH

Pregunta: ¿Por que e cando decidiu marchar a Guatemala?

Resposta: En xaneiro de 2001, e foi totalmente froito da casualidade. Estudei Comunicación Audiovisual e unha amiga díxome que nunha universidade precisaban unha persoa que dera clases de comunicación. Foi todo un pouco improvisado. A primeira noticia que tiven de Guatemala foi o Día dos Inocentes e o 15 de xaneiro de 2001 xa estaba viaxando cara alá.

P: ¿Non lle deu algo de vertixe?

R: Ao principio tomeimo en broma pero logo foi collendo corpo e fun, sen saber sequera canto tempo ía estar. Pensaba que era para un semestre, pero fun quedando, quedando, ata hoxe, e van sete anos.

P: ¿Cal foi a súa primeira sensación ao aterrar en Guatemala?

R: O descoñecido sempre asusta un pouco, e aínda que teñamos o mesmo idioma, ao principio estás perdida, porque te atopas noutro contorno que culturalmente é moi diferente. Co paso dos días aprendes moito. O que pasa é que eu tiña moi claro que se algo non me ía ben, volvía de novo e xa estaba.

Día a día en Guatemala
P
: ¿Cal é o seu traballo alá?

R: Traballo nun proxecto pequeniño formado en Guatemala que se chama Asociación Pallasos. Contactei cunha xente que se deu de conta da necesidade que había de informar sobre a prevención de VIH e da sida. Gustoume moito o que facían porque a través do teatro, os pallasos e a diversión proporcionaban información, así que comecei a acompañalos nas súas xiras. Ao final animáronme para que me puxera eu tamén o nariz de pallaso e que dera charlas e, así, funme metendo neste mundo.

P: ¿Como é o día a día?

R: Un día comeza moi cedo. Ás 06.30 da mañá xa estamos levantados e almorzando frijoles, arroz e ovos revoltos. Eu, por exemplo, o que facía moito era deseñar capacitacións para grupos de rapaces. Sempre con xogos e cousas divertidas pero aprendendo á vez, que é o obxectivo. Outro día vou a outra vila en autobús [que son esas típicas camionetas amarelas] estar con xente. A viaxe pode durar tranquilamente tres horas. O labor doutro día pode ser, por exemplo, reunirse con xente do Ministerio de Saúde para deseñar novas estratexias.

P: ¿En que traballan agora?

R: Agora mesmo estámonos centrando en capacitar grupos de mozos para que eles mesmos poidan informar outras persoas. Tivemos mesmo xente doutros países, que formamos, como un mozo de Perú, que logo chegou ao seu país e informou a xente a través do teatro e outras actividades xa personalizadas por el.

P: ¿Como ve o seu futuro?

R: Gustaríanos formarnos como organización en España para poder recibir fondos deste país, como xa o facemos de Francia, e poder organizar xiras a outros países como Honduras, O Salvador...

P: ¿Hai algo material que bote de menos cando está en Guatemala?

R: A empanada de millo con berberechos.

"O máis difícil acostumarme a ver armas pola rúa”
P
: ¿Cal foi a súa primeira opinión de Guatemala?

R: Guatemala é un país que pasa do branco ao negro directamente, cando aquí en España vivimos no gris. Aquí estamos máis acomodados. En xeral non nos falta de nada, e alá hai desde xente moi, moi rica que ten avioneta privada a outra que morre de fame.

P: ¿Que lle resultou máis difícil?

R: Ao principio, ver as armas. Vas pola rúa e, por exemplo, diante dun banco hai un home  cunha arma, ou un repartidor de comestibles vai acompañado no camión doutra persoa que leva unha arma. Custoume moito acostumarme a esa visión. Outra das cousas que máis me impactou foi ver moitos nenos traballando e enganchados ao pegamento, ou ver xente alcoholizada tirada na rúa. Esta información pode chegar a España, pero asegúroche que non é o mesmo que velo en vivo e en directo.

P: ¿Iso fíxolle valorar as cousas doutra forma?

R: Por suposto. Valoras moito o teu, a túa familia, a sorte que tes de nacer nun país e ter un pasaporte que che abre moitas portas. Pero, ao final, tamén te dás de conta de moitas inxustizas que non ves no día a día. Inxustizas tan xerais como  poder moverte dun sitio a outro dependendo  do pasaporte.

Nunha ocasión, por exemplo, nós estabamos en Guatemala e queriamos viaxar a Chiapas (México) para traballar e a metade do equipo non puido ir, porque lle faltaban papeis. Noutra ocasión, participamos en Tailandia nun encontro internacional sobre a sida e algúns compañeiros tiveron moita dificultade para viaxar.

''Al empezar lo tomé a broma y ya llevo siete años dando charlas...
Comentarios