Asociacionismo nas comarcas galegas

A Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal está a desenvolver un curso básico de xestión do asociacionismo en sete comarcas galegas. O seminario xa está en marcha en Terra de Caldelas, Terra de Trives, Bergantiños e Terra de Lemos. En A Ulloa, Ordes e O Salnés comezará en xuño e aínda é posible inscribirse, de xeito gratuíto, no propio centro comarcal.

Este seminario pretende dar a coñecer os aspectos básicos á hora de constituir unha asociación, e ó mesmo tempo amosar cómo xestionar o seu posterior funcionamento para que se acaden os obxectivos desexados.

No curso de formación abórdanse varios aspectos que é necesario ter en conta á hora de pór en marcha ou xestionar o día a día dunha asociación. Entre outras cousas, os asistentes coñecerán os recursos básicos para unha boa comunicación interna; aprenderán a facer unha planificación de financiamento, ou a crear as pautas para abordar un proxecto.

Comentarios