Un home atraca un banco na Coruña

Descoñécese a cuantía do botín que levou o suxeito, que ameazou os empregados da sucursal cun arma

Sucursal de Caixa Rural que sufrió el atraco. AEP
photo_camera Sucursal de Caixa Rural que sufrió el atraco. AEP

Un home atracou este venres unha sucursal de Caixa Rural Galega na Coruña, situada na rúa Francisco Mariño, segundo informaron a Europa Press fontes da Policía Nacional.

O suceso produciuse "a media mañá" e o asaltante foi un home que accedeu á entidade e ameazou aos empregados cunha arma, explicaron as mesmas fontes.

Polo momento, descoñécese a canto ascende o importe subtraído no atraco. "levou unha certa cantidade de diñeiro", precisaron desde a Xefatura Superior de Policía en Galicia.