Miércoles. 26.09.2018 |
El tiempo
Miércoles. 26.09.2018
El tiempo

Dous menores feridos en Val do Dubra tras chocar coas súas bicicletas

Un dos cativos perdeu a consciencia polo que tivo que desprazarse un helicóptero medicalizado, aínda que finalmente puido ser trasladado en ambulancia

Dous nenos resultaron feridos este luns ao mediodía despois de que as bicicletas que manexaban colidiran entre elas. O accidente tivo lugar na estrada que une as parroquias de Vilalba e Coucieiro, en Val do Dubra.

Os servizos sanitarios indicaron ao CAE 112 Galicia que un dos cativos perdera a consciencia. Por iso, ademais da ambulancia e un médico desprazados, requiriron o servizo dun helicóptero medicalizado que, aínda que tomou terra no mesmo lugar, o menor puido ser trasladado nunha ambulancia tras recuperar a consciencia.

Así mesmo, o 112 Galicia tras recibir a alerta, ao fío das 12:00 horas, solicitou a intervención das forzas da orde e a dos efectivos de Protección Civil de Val do Dubra. Urxencias Médicas xa tiña constancia do accidente.

Dous menores feridos en Val do Dubra tras chocar coas súas bicicletas
Comentarios