viernes. 03.07.2020 |
El tiempo
viernes. 03.07.2020
El tiempo

Excarcerado un home tras envorcar o camión no que circulaba en Muxía

A causa do accidente, o vehículo perdeu combustible na estrada, moi preto dun regato

Un home resultou ferido na tarde deste martes en Muxía ao envorcar  o camión de formigón no que viaxaba. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a vítima, que foi trasladada ao hospital Virxe da Xunqueira, tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Cee ao quedar atrapada no interior da cabina do vehículo. Ademais, a causa do accidente, o camión perdeu combustible na estrada, moi preto dun regato.

O sinistro tivo lugar na DP-3403, concretamente no punto quilométrico 3, ao fío das 13:00 horas. Nese momento, o 112 Galicia recibía a alerta do ocorrido a través dun particular.

Acto seguido, o persoal do CIAE 112 Galicia pasaba o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Cee, a Protección Civil, a Augas de Galicia e á Policía Autonómica.

Excarcerado un home tras envorcar o camión no que circulaba en Muxía