Viernes. 18.01.2019 |
El tiempo
Viernes. 18.01.2019
El tiempo

Falece un operario ao caerlle encima unha árbore en Cerceda

Ata o lugar dos feitos desprazouse un helicóptero medicalizado, pero non foi posible salvar a súa vida

Un traballador de 61 anos e iniciais J.J.B.S. faleceu na mañá deste xoves ao caerlle unha árbore encima cando traballaba no municipio de Cerceda. Segundo informou o 112 Galicia, o suceso tivo lugar no lugar de Queixas sobre as 11.10 horas. Foi un particular quen alertou do accidente laboral ao servizo de urxencias. 

Por parte do 112 pasouse aviso ao 061, que mobilizou ata o lugar dos feitos ao helicóptero medicalizado con base en Santiago, así como unha ambulancia asistencial e o equipo sanitario de Atención Primaria de Cerceda, confirmaron fontes sanitarias.  Ademais, por parte do 112 Galicia púxose a situación en coñecemento da Garda Civil, dos Bombeiros de Ordes, de Protección Civil e da Policía Local. 

Unha vez no lugar do sinistro, os profesionais sanitarios non puideron salvar a vida do home e confirmaron o falecemento.

Falece un operario ao caerlle encima unha árbore en Cerceda
Comentarios