Domingo. 19.05.2019 |
El tiempo
Domingo. 19.05.2019
El tiempo

Sofocado o incendio de Boiro no que arderon 96 hectáreas

Lume en Boiro. TVG
Lume en Boiro. TVG

Nas labores de extinción resultou ferido un axente forestal logo de recibir un golpe na cabeza

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio que afectaba o Concello de Boiro (A Coruña) desde a medianoite do xoves quedou extinguido ás 19,30 horas da tarde deste venres.

A superficie afectada, segundo as últimas estimacións provisionais, ascende a 95,76 hectáreas, das que cinco foron de monte arborado e o resto de monte raso.

Nos traballos de extinción participaron un técnico, nove axentes, 13 brigadas, oito motobombas, unha pa e tres helicópteros. 

Ademais, un axente forestal resultou ferido na madrugada deste venres logo de recibir un golpe na cabeza durante as tarefas de extinción deste incendio . 

Segundo informa a Consellería de Medio Rural a Europa Press, o home sufriu unha caída e deuse un golpe na cabeza, o que provocou que quedase sen coñecemento durante "uns segundos". 

Por precaución foi trasladado ao hospital do Barbanza, onde lle realizan probas, aínda que na evacuación ao centro médico "xa ía consciente". 

As mesmas fontes apuntan a que "en principio parece que non reviste gravidade, pero con todas as reservas", xa que se trata dun golpe na cabeza e haberá que esperar ás próximas horas a ver como evoluciona. 

Sofocado o incendio de Boiro no que arderon 96 hectáreas