Ferido grave un mozo menor de idade que caeu da bicicleta en Xinzo de Limia

O 112 tivo coñecemento do suceso a través dun particular ao fío das 11.55 horas
Helicóptero medicalizado trasladado hasta Irixoa. HELICO SANTIAGO
photo_camera Helicóptero medicalizado. HELICO SANTIAGO

Un mozo menor de idade resultou ferido de consideración na mañá deste xoves ao caer da bicicleta coa que circulaba en Xinzo de Limia. 

Os feitos sucederon no lugar da Pena e, para atender ao ferido, segundo trasladou o 112 Galicia, Urxencias Sanitarias-061 mobilizou un helicóptero medicalizado, aínda que finalmente descartouse a súa intervención. 

O 112 tivo coñecemento do suceso a través dun particular ao fío das 11.55 horas. 

Após recibir o aviso, os efectivos de emerxencias demandaron tamén a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Local e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Xinzo de Limia.