A figura do mediador cultural será recoñecida como profesión

O Goberno central aceptou a proposta impulsada pola Secretaría de Emigración da Xunta para profesionalizar a figura de mediadores interculturais en España e incorporalo así o Sistema de Información dos Servicios Públicos de Emprego. Así o anunciou o titular deste departamento, Manuel Luis Rodríguez, con motivo da presentación do Encontro Transnacional do proxecto Edem, celebrado na capital galega.

Durante a súa intervención, o secretario xeral indicou que fronte o fenómeno cada vez máis relevante no contexto social occidental como é a inmigración, este tipo de profesional intervén positivamente na relación de partes de natureza etnocultural diferente. O mediador intercultural desenvolve deste xeito diversas políticas de inclusión e atención á nova cidadanía de nacionalidade estranxeira que forma parte da española.

Programa Edem
Galicia participa no programa Edem coa iniciativa Convive +, xunto coa rexión italiana de Isernia e o seu programa Parco Sociale Delle Opportunita. Ambos están dirixidos ó fomento de empresas sociais e ó acceso ó mercado de traballo de grupos desfavorecidos, así como potenciar a colaboración para avanzar na redución do desemprego.

Comentarios