Galicia eleva nun 14% o reciclado de vidro

Galicia aumenta cada ano o seu compromiso co medio ambiente, como reflicten as novas cifras facilitadas por Ecovidrio (asociación adicada á xestión deste tipo de residuos en toda España): a reciclaxe de vidro aumentou nun 14% no último ano, pasando das 32.016 ás 36.543 toneladas recuperadas. Isto significa que cada habitante aportou unha media de 13,2 kilos. Por provincias, as máis sensibilizadas neste ámbito son Ourense e A Coruña (con 14,7 kilos por habitante en ambos casos), seguidas de Lugo (13) e Pontevedra (11).

Galicia foi ademais, a terceira comunidade que máis aumentou o reciclado de vidro no 2006, só superada por Extremadura e Cantabria e a cuarta que máis contedores novos instalou o pasado ano (881 novos), polo que hai case 10.000 recipientes repartidos polas catro provincias galegas.

Comentarios