martes. 16.07.2019 |
El tiempo
martes. 16.07.2019
El tiempo

Un home resulta ferido ao sufrir unha indisposición mentres conducía en Ourense

Rúa na que se produciu o accidente. GSV
Rúa na que se produciu o accidente. GSV

O vehículo impactou contra un muro

Un home resultou ferido est domingo ao sufrir unha indisposición ao volante dun turismo que rematou batendo contra un muro en Ourense. O accidente tivo lugar na rúa de Salvador de Madariaga, ao fío das 12:05 horas.

O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido a través da chamada dunha persoa particular e, nada máis recibir o aviso, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros de Ourense, da Policía Local e de Protección Civil.

Finalmente, o home foi evacuado nunha ambulancia a un centro hospitalario. 

Un home resulta ferido ao sufrir unha indisposición mentres...
Comentarios