miércoles. 26.01.2022 |
El tiempo
miércoles. 26.01.2022
El tiempo

Localizado o corpo sen vida dunha octoxenaria aboiando nunha piscina en Touro

112 Galicia. DP
112 Galicia. DP
Os sanitarios desprazados ao lugar non puideron facer nada por salvala

O corpo sen vida dunha muller foi localizado este domingo aboiando na auga dunha piscina no lugar de Obra, no concello de Touro. Segundo informa o centro de atención ás emerxencias 112 Galicia, os servizos sanitarios desprazados ata o lugar non puideron facer nada por salvala e, "a pesar dos esforzos" que fixeron para reanimala, faleceu. 

A vítima é unha octoxenaria que vivía coa súa familia na casa onde apareceu o seu corpo. A principal hipótese é que caeu á auga e xa non puido saír. Axentes da Garda Civil acudiron ao lugar.

Localizado o corpo sen vida dunha octoxenaria aboiando nunha...