Un home de 89 anos, E.R.S., resultou falecido este mércores ao ser atropelado por un vehículo no municipio coruñés de Camariñas.
Segundo a información da Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu ás 12.50 horas deste mércores no quilómetro 9,3 da estrada AC-432, cando o home foi atropelado por un vehículo.
Os axentes do departamento de Corcubión investigan os feitos para determinar as causas do atropelo.