Na busca dun cambio na actitude cara ás drogas e o alcol en Vigo

Caixanova e a asociación Alborada porán en marcha un programa de prevención do consumo de estupefacientes e alcol en Vigo. 'Prevención do consumo de drogas de síntese e outros fenómenos urbanos asocaciados (botellón) na cidade de Vigo" é o nome do plan que asinaron Julio Fernández Gayoso, presidente de Caixanova, e Julián Segundo Vegazo, presidente de Alborada.

O obxectivo do programa é conseguir "un cambio de actitude dos mozos cara ao consumo de drogas, así como ofrecer unha formación adecuada tanto aos profesionais que exercen o seu labor neste ámbito como aos pais e familiares", informan dende Caixanova.

Comentarios