Rescatada unha muller atrapada no seu vehículo tras unha colisión frontal en Cuntis

O accidente tivo lugar na N-640, á altura da curva de Castro Loureiro

Accidente en Cuntis. PROTECCIÓN CIVIL CUNTIS
photo_camera Accidente en Cuntis. PROTECCIÓN CIVIL CUNTIS

Unha muller quedou atrapada no interior do seu vehículo logo de bater frontalmente contra un furgón en Cuntis.

Coche accidentado en Cuntis. PROTECCIÓN CIVIL CUNTIS

Foron varios os veciños que contra as oito da tarde deste domingo contactaron co 112 Galicia para avisar dun accidente na N-640, á altura da curva de Castro Loureiro. No seu relato, indicaban que había unha muller que tiña dificultades para saír do coche, polo que, desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración dos membros do GES da Estrada para a liberación da ferida.

Tras retiraren a porta da condutora, os profesionais do 061-Urxencias Sanitarias puideron acceder á ferida e, cando lograron estabilizala, foi evacuada en ambulancia ao Hospital Clínico de Santiago.

Uno de los coches accidentados en Cuntis. PROTECCIÓN CIVIL CUNTIS

Cos membros do GES da Estrada colaboraron tamén os voluntarios de Protección Civil da localidade e os axentes da Garda Civil de Tráfico.

Comentarios