Rescatado un surfeiro na praia de San Xurxo en Ferrol

O prexudicado practicaba deporte con outra persoa, que tratou de rescatar "o compañeiro e, tras varios intentos errados, chamou o 112 Galicia para pedir axuda"

Persoal de Salvamento Marítimo rescatou un home que practicaba surf nas inmediacións da praia de San Xurxo, en Ferrol, ao ser arrastrado pola corrente. Os feitos rexistráronse ao redor das 18 horas deste mércores, cando un equipo de auxilio, que se desprazou no helicóptero Helimer 401, axudou ao afectado e confirmou, ao chegar ao aeroporto coruñés de Alvedro, que se atopaba "en perfecto estado de saúde, polo que se descartou a asistencia médica".

Ao mesmo tempo, unha embarcación completou o despregamento, encargándose de recoller "a táboa de surf para evitar que quedase á deriva". O prexudicado, engadiu o departamento público de urxencias, practicaba deporte con outra persoa, que tratou de rescatar "ao compañeiro; tras varios intentos errados, chamou ao 112 Galicia para pedir axuda".

Ante este feito, o Concello de Ferrol pediu "precaución, especialmente en días de alerta e moito mar como estes", e que non se practiquen deportes náuticos "para evitar grandes sustos". 

AMES. Tres persoas resultaron feridas nun choque entre dous turismos no municipio coruñés de Ames. O sinistro produciuse na estrada AC-453 ás 21 horas do mércores, no lugar de Augapesada, onde chocaron dous vehículos, informa o 112. As tres persoas feridas foron trasladadas a un centro hospitalario polo 061-Urxencias Sanitarias, unha delas tras recibir axuda para abandonar o vehículo no que viaxaba. 

Comentarios