''La USC es una de las más rentables del Estado''

Senén Barro, rector da USC (Foto: Jessica Barcala. AGN)
photo_camera Senén Barro, rector da USC (Foto: Jessica Barcala. AGN)

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Senén Barro, insiste que houbo un "deficiente" financiamento da institución académica nestes últimos anos. Non dubida que haxa unha boa vontade por parte da Xunta, pero non lle saen as contas.

Afirma que hai un límite, e que os anos de recortes orzamentarios, agravados polo Plan de Estabilización Financeira e Económica, pasarán factura. O prezo a pagar advirte que pode ser moi elevado.

PREGUNTA: Uns días despois de que fixera a advertencia sobre a necesidade dun maior financiamento, serviu para algo?

RESPOSTA:
O que eu dixen buscaba que servise para algo. Non tanto como un discurso para a comunidade universitaria como para o conxunto da sociedade. Non só para o Goberno galego, que tamén, porque moitas das cuestión xa lle foran trasladadas por distintas vías. Quería dicirlle á sociedade que temos unha serie de retos, responsabilidades, que hai que atender en boas condicións.

P: Cabe introducir no debate unha reestruturación do modelo de universidade?

R:  É certo que se nós, neste momento, tivésemos a capacidade de construir desde cero o sistema universitario galego, ao mellor o fariamos distinto.

Pero é que ese exercizo xa o estamos facendo. O que pasa é que non é un exercizo de variña máxica. Todo o mundo entenderá que iso non é posible de golpe. Hai decisións que leva un tempo executalas.

Espazo Europeo
P:  Como se prepara a USC cara ao Espazo Europeo de Educación Superior?

R:  Non simplemente como un mero proceso de transformación do que agora temos, con títulos absolutamente idénticos pero con mais ou menos anos de duración. Non, nós estamos, nalgúns casos, reorganizando múltiples titulacións en torno a un núcleo común compartido e, noutros casos, reorientándoas temáticamente ou transformándoas en titulacións que atenden a ámbitos de formación claramente diferentes.

P:
  A estructura que era boa hai quince anos siga sendo válida?

R:   Non é que agora poidamos dicir que hai grandes decisións fracasadas ou titulacións que foron absolutamente disparatadas. O que pasa é que as circunstancias cambian e, ao mellor, nun momento dado había unha gran demanda para replicar títulos que tiña, cando menos certa xustificación.

Pero o número de estudantes cambia, como a orientación en canto a preferencias ou as demandas de perfís profesionais. A universidade, como a sociedade, non pode permanecer estática.

Saneamento
P:  Pódese dicir que a Universidade de Santiago sae máis cara que outras?

R: A Universidade de Santiago é unha das máis rendibles do Estado. É unha Universidade barata. Se temos en conta resultados e recursos, esa relación é das mellores do Sistema Universitario Español.

P:  En que medida o plan de saneamento financeiro e económico acometido pola USC está incidindo na situación actual?

R:  Primeiro, o Plan era imprescindible. Segundo, tivo éxito. O que perseguía, desgracidamente, non era facer unha mellor universidade, claro, senón recortar de modo importante o gasto.

E tivemos o empeño de que a institución se resentise o menos posible porque un plan de reequilibrio fai perder músculo. Como mínimo, fíxolle perder a oportunidade de seguir mellorando sensiblemente neses anos.  Agora vénnos de novo una situación difícil. non lle afecta igual un virus a unha persoa sana que a unha convalecente. A xente ten que entender isto.

Financiamento
P: O último Consello da Xunta acordou aumentar 4,5 millóns de euros o financiamento complementario do Sistema Universitario de Galicia para o ano 2009. Non parece moito...

R:   Non é unha cuestión de dicir se me parece pouco ou moito. É cuestión, como dicía antes, de que o Goberno, xunto co Sistema Universitario valoremos conxuntamente que supón isto para o 2009, en que no haberá ese plan que estaba previsto.

P:  O presidente da Xunta recordou que os reitores tamén asinaron o plan de financiamento, e que agora piden máis. Aínda que tamén pode ser un exercizo de responsabilidade pedir máis se se necesita...

R:  Por suposto, pero eu, polo menos, podo dicir e demostrar que no momento que se estaba negociando o plan e cando se asinou fun moi crítico.

Non tiñamos alternativa con aquel plan. O que para as outras universidades era seguir medrando e mellorando, para nós era gasto corrente.

P:  Entón por que asinou?

R:   Polo mesmo que non lle podo dicir non aos 11 ou 15 millóns para 2009. "Non os quero, porque non chegan...". Iso sería dunha irresponsabilidade total. Eu teño que advertir se iso é suficiente ou non, para que dá e para o que non dá. E despois que se decida. Pero non podo dicir entón que non quero nada. Pois co plan pasa igual.

P:  Falaría do tema do financiamento cos reitores de Vigo e da Coruña. Cal é a opinión de ambos?

R:  Hai unha coincidencia na valoración da situación, ata onde, obviamente, temos falado. Os tres reitores coincidimos en que non ter un plan para o 2009 é unha moi mala noticia. E tamén coincidimos en que, tal como evoluciona o plan vixente, agrava a noticia.

Comentarios