domingo. 23.02.2020 |
El tiempo
domingo. 23.02.2020
El tiempo

O xeo complica a circulación en varios puntos da provincia de Pontevedra

Na Cañiza unha muller resultou ferida nun accidente á saída dun tunel

A formación de placas de xeo complicou na madrugada deste venres a circulación en algúns puntos do Eume, Deza e A Paradanta.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia rexistrou tres accidentes de tráfico nos que non houbo que lamentar danos persoais, pero que foron ocasionados pola presenza de xeo na calzada.

Así, na Capela, cando estaban a piques de dar as sete desta mañá, unha furgoneta saíuse da vía na estrada que une Pontedeume con As Pontes. Concretamente, trátase da AC-564, que segundo informaron varios condutores ao 112 Galicia, estaba cuberta en diversos puntos por placas de xeo.

Ademais, unha media hora máis tarde, no concello das Pontes tivo lugar outro accidente. Novamente, un coche que sufriu unha saída de vía debido ás condicións da vía.

En ningún dos casos anteriores houbo persoas feridas, pero si na Cañiza, onde preto das dez da noite do xoves tres vehículos bateron na A-52, na saída do túnel en dirección a Ourense. Como consecuencia do golpe, unha muller resultou ferida e tivo que ser evacuada por equipo do 061-Urxencias Sanitarias a un centro médico na cidade de Ourense.

ESTRADAS. Tamén no CIAE 112 recibíronse chamadas alertando da presenza de xeo noutros puntos da rede viaria de Galicia, como na PO-533, no Alto do Faro, en Lalín; en Rodeiro, entre os quilómetros 1 e 15 da PO-212; ou en Silleda, na PO-534, no Alto do Candán.

A mesma situación prodúcese en diferentes puntos da rede viaria ao paso polos concellos de Ourol, Xermade, Cervantes, Vilariño de Conxo e Allariz.

En todos os casos, desde o CIAE 112 pasouse aviso aos axentes de seguridade, así como aos servizos de limpeza e mantemento correspondentes en cada vía.

Non obstante, o 112 Galicia recorda a importancia de consultar o estado das estradas antes de emprender viaxe.

O xeo complica a circulación en varios puntos da provincia de...