lunes. 06.12.2021 |
El tiempo
lunes. 06.12.2021
El tiempo

Visitas ao pasado

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, visitando o castro de Toiriz. DEPUTACIÓN
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, visitando o castro de Toiriz. DEPUTACIÓN
A Deputación de Pontevedra ofrecerá unha serie de rutas para visitar os xacementos de Toiriz, en Silleda; A Subidá, en Marín; e Castro Alobre, en Vilagarcía

A Deputación de Pontevedra ven de presentar o programa Historias Cavadas, que consiste nunha serie de visitas escenificadas para por en valor os castros musealizados de Pontevedra. Ao mesmo tempo, promoveranse os principios de sustentabilidade, accesibilidade e inclusión de tódolos públicos.

Estes xacementos en cuestión son os de Toiriz –Silleda–, A Subidá –Marín– e Castro Alobre –Vilagarcía–. Os encargados de levar a cabo estas visitas serán o grupo Troula Animación: concretamente, estarán protagonizadas por dous personaxes, un romano e unha castrexa. Estes protagonistas engadirán una onda cómica a estes percorridos pola historia co obxectivo de convertelos nunha experiencia non só cultural, senón tamén divertida para todas as idades.

A intención das actividades nestes enclaves patrimoniais é que a historia, o valor cultural, contexto social e o significado artístico sexan interpretados e cheguen ao público dunha maneira amena e didática, que axude a comprender o importantísimo papel que teñen como testemuña do pasado e o indispensable labor de recuperación e respecto que se realiza para sacalos á luz e que continúen a súa historia cara o futuro.

Pola súa banda, a compañía Troula está especializada en teatro e animación, e conta cunha ampla traxectoria de máis de 20 anos na produción de espectáculos de rúa. Moi presentes cos seus proxectos en Galicia e boa parte da xeografía nacional, así como estranxeira –Francia, Portugal, Ingalterra ou Escocia–, Troula é a compañía organizadora do festival de espectáculos itinerantes de Pontevedra, e produtora doutros coñecidos proxectos como Uxía Lambona e a Banda Molona, Errantes, Pachamama ou O estraño caso do dentista da rúa Brasov.

COMO APUNTARSE. Estas visitas arrancarán o 2 de setembro en Toiriz, onde tamén se celebrará outra o día 3 –20.00 horas–. Historias Cavadas trasladarase a Castro Alobre o 16 e o 30 do mesmo mes –20.00 horas–. Por último, o 17 e 18 chegarán a Subidá –19.00 horas–. Así, estas rutas contarán cunha duración de 50 minutos, aproximadamente, sinalan dende a Deputación. Ademais, estas actividades contarán cun intérprete de lingua de signos en caso de ser preciso. Haberá 25 prazas para cada unha das visitas, que as persoas interesadas deberán reservar en [email protected] gmail.com.

A Deputación completa así o seu compromiso coa recuperacón e posta ao dispor destes históricos espazos, apostando pola divulgación e actualización do legado patrimonial da provincia e o fomento de experiencias culturais.

Visitas ao pasado
Comentarios
ç