Gaitas e violíns mestúranse no concerto de Aninovo en Pontevedra

A Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra integra, por pirmeira vez, a música tradicional galega no recital que ofrece cada 1 de xaneiro no Pazo da Cultura

As gaitas mesturáronse este martes en Pontevedra cos violíns dos valses da familia Strauss que tradicionalmente protagonizan o programa dos concertos de Aninovo. "Ímoslle facer unha chiscadela este ano á cultura galega", anunciaba a presidenta da sociedade cultural que xestiona a Orquestra Filharmónica de Pontevedra, Judith Rey, o día da presentación do Concerto de Aninovo.

Para cumprir con ese obxectivo de introducir, por vez primeira, a música tradicional galega no recital do 1 de xaneiro, "a cita top da programación anual da nosa orquestra", a agrupación subiu ao escenario a varios convidados: a Banda de Gaitas de Forcarei, da vocalista Silvia Ferre, o gaiteiro José Manuel López Josele e Margarita Guerra ás castañolas.

►Máis información na edición impresa de Diario de Pontevedra deste mércores◄

Comentarios