Arde por completo unha cociña sen causar danos persoais en Redondela

O incidente, que se produciu durante a tarde deste mércores, deixou cuantiosos danos materiais

A cociña dunha vivenda en Redondela resultou completamente calcinada a causa dun incendio. Aínda que non houbo feridos, o incidente deixou cuantiosos danos materiais ao arder unha campá extractora, unha neveira, unha placa vitrocerámica e o mobiliario da cociña.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o incendio produciuse ás 15:00 horas da tarde do mércores. Foi a esa hora, cando os axentes da Policía Local comunicaban dun incendio no punto indicado.

Así, desde o CAIE 112 Galicia, solicitouse a intervención dos servizos sanitarios de urxencia, dos Bombeiros do Baixo Miño, Morrazo, Vigo e Redondela, e axentes da Policía Nacional e Local. Ademais, informouse aos membros de Protección Civil da localidade.

Comentarios