O BNG presenta ao seu candidato en Vigo para dar un "novo impulso" á cidade

Asegura que o do PSOE é un "goberno que non goberna"

Xavier Pérez Igrexas. TWITTER
photo_camera Xavier Pérez Igrexas. TWITTER

O candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier Pérez Igrexas, asegurou esta tarde durante a súa presentación que Vigo está ante un "goberno que non goberna" e apostou por dar un "novo impulso a Vigo para facer un sociedade máis xusta e igualitaria".

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, foi a encargada de presentar a Pérez co obxectivo de converter Vigo na cidade da innovación e o pulso industrial.

Pontón asegurou que o BNG se presenta cos "deberes feitos" e coa convicción de que é necesario que o nacionalismo teña presenza no Concello de Vigo para buscar outro modelo de cidade.

Para os nacionalistas, Vigo ten que recuperar o impulso industrial e o emprego sen "confrontación nin localismos" cun candidato de "canteira".

Igrexas lembrou que o BNG foi, no seu día, unha forza decisiva e determinante, tanto no goberno como na oposición e queren volver selo recuperando os votos de todas as persoas que os deixaron de votar nas últimas eleccións municipais.

"É posible construír cidade desde os barrios e parroquias e sumar nesta tarefa de moitos miles de vigueses", destacou o candidato nacionalista durante a súa intervención.

Comentarios