martes. 18.05.2021 |
El tiempo
martes. 18.05.2021
El tiempo

Un catamarán que ía remolcado con destino a Vigo afúndese en augas das Azores 

Catamarán T&T Express. MARINETRAFFIC
Catamarán T&T Express. MARINETRAFFIC
O incidente tivo lugar o venres 23 logo de que a empresa propietaria da embarcación informase de "serios problemas coa carga"

O catamarán T&T Express da empresa ibicenca Trasmapi, que era trasladado a remolque desde Trinidad e Tobago até Vigo, afundiuse na contorna das Illas Azores, segundo confirmaron a Europa Press fontes da compañía. De acordo con estas fontes, os feitos ocorreron o pasado venres, día 23, cando a propietaria do remolcador Monte da Luz informou a Trasmapi de que tiña "serios problemas coa carga" cando se atopaba a unhas 800 millas náuticas das Illas Azores. 

Horas despois, a empresa confirmou que perdera "a carga por afundimento". Así, o remolcador permaneceu na zona para recoller o material que podía saír á superficie e verificar que "non había ningún tipo de contaminación na zona" nin existía "ningún perigo para a navegación". Fontes de Trasmapi indicaron que de momento non transcendeu máis información, xa que están á espera de recibir o informe que "aínda está a realizar" a empresa encargada do transporte, o cal supoñen que "se poderá completar á chegada do barco ao seu porto base". 

O catamarán afundido, denominado T&T Express, contaba con 91 metros de eslora e 26 de manga e foi construído no ano 1997. 

Un catamarán que ía remolcado con destino a Vigo afúndese en augas...
Comentarios
ç