O Concello de Vigo reacolle varios veciños do Casco Vello ante o risco de derrube

Un inmoble baleiro pon  en risco a estabilidade de varios adificios contiguos
Praza do Peñasco, en Vigo.GOOGLE MAPS
photo_camera Praza do Peñasco, en Vigo. GOOGLE MAPS

O Concello de Vigo reacolleu este luns varios veciños de dous edificios do Casco Vello, ante o risco de derrube dun inmoble conlindante, e que foron acomodados no Hotel Bahía da cidade.

Segundo informou o goberno local, técnicos municipais detectaron, en varias inspeccións realizadas nos últimos días, "problemas de estabilidade nun edificio situado no número 5 da Praza do Peñasco".

Trátase dunha casa baleira e en estado de ruína, que presenta varias fendas na fachada, polo que, para garantir a seguridade, o Concello optou por desaloxar os veciños do número 9 da Ribeira do Berbés e do número 3 da Praza do Peñasco.

Mentres, o departamento de Urbanismo, após ditar a orde de desaloxo, porá en marcha os traballos para solucionar os problemas de estabilidade do inmoble, segundo comunicaron fontes municipais.