Detido tras fuxir a 150 Km/h por Vigo e acabar chocando contra tres coches

Conduciu en varias ocasións en sentido contrario, saltouse semáforos e obrigou aos vehículos que circulaban pola mesma vía a realizar bruscas manobras evasivas
Una patrulla de la Policía Local de Vigo. ARCHIVO
photo_camera Unha patrulla da Policía Local de Vigo. ARQUIVO

Un mozo de 22 anos foi detido por delito contra a seguridade viaria após protagonizar unha fuxida a 150 quilómetros por hora pola cidade de Vigo, na que conduciu por tramos en dirección contrario e terminou chocando contra tres turismos aparcados. 

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os feitos sucederon na medianoite entre o venres e o sábado. Unha patrulla na Avenida de Beiramar ordenou ao vehículo que detivese a marcha despois de protagonizar unha infracción grave ao pasar unha liña longitudinal continua. 

Nembargantes, o condutor fixo caso omiso, acelerou e emprendeu a fuxida. A persecución desenvolveuse pola propia Avenida de Beiramar, VG 20, Avenida de Citroën, así como as rúas Florida, Manuel de Castro, Balaídos e Pablo Iglesias. 

Ademais de conducir a 150 quilómetros por hora, o agora detido conduciu en varias ocasións en sentido contrario, saltouse semáforos e obrigou aos vehículos que circulaban pola mesma vía a realizar bruscas manobras evasivas. 
No tramo final da rúa Pablo Iglesias, o vehículo perdeu a adherencia nunha curva pechada, polo que impactou contra tres turismos correctamente estacionados. Após iso, procedeuse á súa detención.