Sábado. 23.03.2019 |
El tiempo
Sábado. 23.03.2019
El tiempo

Dúas persoas resultan feridas nunha colisión en Vigo ao interceptar un can na vía

As vítimas foron trasladadas ao Hospital de Fátima

Este luns pola mañá producíase en Vigo unha colisión na que se viron implicados tres turismos ao interceptar un can na vía. No choque resultaron feridas dúas persoas, que tiveron que ser trasladadas ao Hospital de Fátima.

O accidente ocorreu no punto quilométrico 6 da PO-330, ao fío das 11.00 horas.

Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia para alertar do sinistro e, decontado, os xestores do CIAE-112 pasaron o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Policía Local, á Garda Civil de Tráfico e ao servizo de mantemento da estrada.

Dúas persoas resultan feridas nunha colisión en Vigo ao interceptar...