Ferido grave un operario ao quedar atrapado pola prensa do camión do lixo en Vigo

Foi evacuado ao Álvaro Cunqueiro
photo_camera Ultima hora diario

Un operario do servizo municipal de recollida de lixo de Vigo resultou ferido grave este xoves despois de escorregar e quedar as súas pernas atrapadas na prensa hidráulica do camión no que estaba a traballar, segundo informaron fontes policiais. 

Os feitos ocorreron sobre as 10,20 horas, cando o 112 recibiu o aviso de que se producira este accidente, no Camiño Romeu, na parroquia viguesa de Coruxo. Até o lugar desprazáronse efectivos de Policía Local, Policía Nacional e bombeiros, ademais de emerxencias médicas. 

Precisamente, foron funcionarios de bombeiros os que excarceraron ao traballador ferido que, inconsciente, foi trasladado en ambulancia medicalizada ao Hospital Álvaro Cunqueiro da cidade olívica. Trátase de J.A.M.R., un home de 50 anos de idade. 

Comentarios