A Primeira Feira Vegana e Sostible de Galicia fai público o seu programa

O evento terá lugar en Vigo os días 23 e 24
asdasdas

Vegana 2021, a Primeira Feira Vegana e Sostible de Galicia, que terá lugar os días 23 e 24 deste mes no Ifevi de Vigo, fixo público o seu programa, cando leva vendidas xa 6.000 entradas.

qweqweqweEn realidade, trátase dun programa que son dous: un deles dirixido ao público infantil e o outro enfocado ao público adulto.

A programación infantil inclúe obradoiros de agroecoloxía, macetohortos, cociña fácil para público miúdo, contacontos e mesmo clases de Ioga. Todo iso da man da profesora e educadora ambiental Mery Ocaña; a cooperativa para fomentar a sostibilidade no territorio SomosTerra e as súas socias Raquel e Diana; a Asociación por unha Educación Sostible, Vegana e Ecolóxica ESVECO; Susana Soto, membro de Galgos 112 Galicia; a tenda de xoguetes de crianza respectuosa Patapum, fundada por Marta; e nelYoga.

Máis variada aínda é a programación dedicada ao público adulto, que abrangue charlas, debates, showcookings, sesións vermú e mesmo un bingo solidario.


 

Comentarios