Martes. 13.11.2018 |
El tiempo
Martes. 13.11.2018
El tiempo

Un accidente de tráfico provoca retencións na AP-9 no seu paso por Vigo

Foto de arquivo dun axente da DXT nunha peaxe da AP-9.ADP
Foto de arquivo dun axente da DXT nunha peaxe da AP-9.ADP

Ocorreu, ás 17.00 horas, cando un vehículo chocou contra un obxecto na calzada

Un accidente de tráfico rexistrado á primeira hora da tarde deste xoves causa importantes retencións de tráfico na AP-9 ao seu paso por Vigo.

Segundo informaron a Europa Press fontes do 112-Galicia, o suceso ocorreu pouco antes das 17,00 horas no quilómetro 158 da autoestrada, en dirección á Coruña, cando o condutor dun vehículo chocou contra un obxecto na calzada.

No accidente viuse implicado un único vehículo, cuxo ocupante solicitou asistencia sanitaria por sentirse indisposto. Tamén foron mobilizados efectivos da Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros e Protección Civil.

Como consecuencia do accidente foi cortado o carril dereito de circulación en sentido A Coruña, polo que se rexistran case dous quilómetros de retencións na zona da saída ao aeroporto de Peinador. 
 

Un accidente de tráfico provoca retencións na AP-9 no seu paso por...
Comentarios