Continúa a busca do bañista desaparecido na praia de Samil este domingo

Prevese que os traballos continúen o luns
Participantes en el operativo de búsqueda en Samil. SXENICK (EFE)
photo_camera Participantes en el operativo de búsqueda en Samil. SXENICK (EFE)

O operativo na procura dun bañista de 25 anos desparecido o domingo á tarde na praia de Samil continúa este luns. Os servizos de emerxencias organizaron un amplo dispositivo por aire, mar e terra na busca dun bañista desaparecido no areal vigués. A última hora os traballos quedaron suspendidos coa previsión de que se retomasen o luns, como así foi.

Os Bombeiros de Vigo informaron arredor das 18.30 horas ao 112 Galicia da súa saída, que levou a alertar a Salvamento Marítimo. Este mobilizou a embarcación Salvamar Mirach e o helicóptero Pesca 1 do servizo de Gardacostas de Galicia.

Tamén se solicitou a colaboración do 061-Urxencias Sanitarias, dos axentes da Policía Nacional e Local e Protección Civil.