A APROBACIÓN da Xunta de Galicia a emprazar a que será a única mina de coltán de Europa en Viana do Bolo (Ourense) case pasou desapercibida estes días no medio de novas e polémicas de gran calado, entre os medios que non miran para esta terra máis que para buscar a un emérito no horizonte sanxenxino.
A mina de Penouta, explotada por unha promotora española-estadounidense, contará no sucesivo cunha nova zona de explotación que podería estar activa ata os 75 anos, e un plan inicial de 30 anos. O coltán, imprescindible para a fabricación de teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos, aínda se atopa unhas 50 veces por debaixo do valor do ouro, se ben o seu valor estratéxico é incalculable. Igual de incalculable que os danos irreparables ocasionados polas verteduras con altas concentracións de metais pesados sobre espazos protexidos, xa denunciadas por colectivos ecoloxistas en reiteradas ocasións.
A uns 200 quilómetros, na mesma comunidade, os colectivos denuncian tamén o plan apoiado polo Goberno estatal para abastecer Vigo, e que pasa pola agresión aos ríos Verdugo e Oitavén, baixo o pretexto dun obrigado suministro a unha poboación futura á que, sistematicamente, ensinóuselle a ser protagonista en vez de sostible. E así sempre.