Blog | A fouce

Conter o alento

Pontesa. DAVID FREIRE
photo_camera Pontesa. DAVID FREIRE

De meniños, xogar a conter o alento baixo a auga era toda unha proba de fortaleza, de heroicidade. Lograr aguantar a respiración máis tempo que o outro xogador ou xogadora transportábanos automáticamente ao podio da superioridade, ata que o esqueciamos e pasabamos ao seguinte xogo. 

De adultos, descubrimos que continuamos a xogar de xeito involuntario. Conter o alento forma parte da rutina diaria no supermercado, na fila do banco, ou ao pasar fronte aos escaparates das tendas que en plena campaña de Nadal exhiben desexos prohibitivos que nos fan sentir débiles. As reglas do xogo mudaron. 

Eu, que odio desperdiciar máis alento do que me esixe un sistema onde as traballadoras somos a última mona, véxome obrigada a contelo cada vez que paso por diante de Pontesa. A antiga fábrica de Ponte Sampaio, símbolo da loita obreira feminina, convertida en polvorín. Pero non é o simbolismo o que me obriga a facelo, senón a necesidade de evitarlle o mal trago aos meus pulmóns, aínda que sexa un xeito infantil de compensar a inevitable embestida das fumatas de amianto queimado que afedorentan todo ao seu paso en canto muda o vento, nunha interminable sucesión de días de maltrato ás familias que viven porta con porta con semellante ameaza silenciosa

Comentarios