Blog | A fouce

É botarlle billetes

QUE é gratis!". Acostumadas a que nos espolien ata a médula (a enerxía producida na nosa terra, os recursos naturais, os dereitos sanitarios e mesmo o idioma propio), ás galegas e galegos que ás veces saímos a pasear por Europa - que, ollo!, non pola Unión Europea - esquécesenos que, aínda que os baixos salarios non alcancen a sufragar unha viaxe ateigada de grandes tours e experiencias de ensoño, ás veces, non temos por que elixir cando se trata de cultura e patrimonio.

O Antigo Exipto, a Antiga Grecia e Roma, Asia, a Europa Medieval e ata o presente, o mundo Islámico, a escultura Asiria de Mesopotamia ou as Américas, compoñen as máis de 13 hectáreas de extensión, con máis de oito millóns de obxectos que alberga no seu interior o British Museum, e no que un día non basta nin para comezar. A cambio, se queres, podes deixar uns peniques nalgunha das urnas de recaudación, e sen ter que elixir entre a National ou a Tate Gallery, combinación explosiva se unha pensase nunha maratón sen fronteiras horarias Prado-Reina Sofía-Thyssen. O mal, que afortunadamente non chegou aínda ao Museo de Pontevedra, clama ao ceo ao dirixir a mirada cara iconos patrimoniais como a mesmísima Torre de Hércules. O de como é posible que o British garde máis momias que o Cairo, queda xa para outra volta.

Comentarios