viernes. 23.08.2019 |
El tiempo
viernes. 23.08.2019
El tiempo
Unha praia do litoral pontevedrés no inverno, cando está permitido o acceso a cans como o da imaxe. CEDIDA

Animais que lixan as praias

A SEMBERE gústalle ir á praia. Non usa bañador, nin gorra, nin protector solar, e tampouco leva o caldeiro co angazo nin as pás. Tampouco pide xeados de chocolate nin pregunta se xa se pode bañar despois de merendar. Nin sequera fai castelos de area cando baixa a marea. Só, ás veces, leva unha pelotiña, para divertirse xogando e correndo detrás dela como calquera rapazolo...
Dous parrulos nadando polo río Ulla en Pontecesures. DAVID FREIRE (ARQUIVO)

Alcaldesa por sorpresa

- A vostede gústanlle os pactos? - Desde logo que me gustan os patos. Gústanme todos os animais. (Poio, finais de maio de 2003) ÁS VECES non me estraña que sexa necesario crer nun poder superior, xa sexa Deus, Alá ou a Nai Natureza, porque está visto que se nós temos que fiar de nós mesmos, do sistema ou das estruturas de poder... A cousa vai como vai. Inventamos...
Tres estudiantes repasan os apuntes entre exame e exame da ABAU o pasado mes de xuño. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

A hora da verdade

SE HOXE estou aquí escribindo estas liñas é, seguramente, grazas a aquel 9,75 dun exame de Física en segundo de BUP, quizais a materia que máis me custaba (si, sempre fun de letras, aínda que a química e a trigonometría me tiñan un punto, nada que ver co resto das matemáticas, que me empurraron directamente a matricularme en Grego). Ou estou aquí, quen sabe, grazas ao...
Mural do Día do Libro no colexio Vidal Portela, no que Rosalía de Castro ten un gran protagonismo

Rosalía

NALGÚN CURSO indeterminado da EXB pedírannos contar a vida (imaxino que tamén a obra) de Rosalía de Castro en anda deseñada. Non lembro o meu. Non lembro ningún cómic máis que o dunha compañeira que a plasmaba encinta en case todas as viñetas. Foran seis embarazos (un deles de mellizos e outro con fatal desenlace). Nas mentes duns críos este aspecto tiña que ter certa...
Concentración celebrada en Monte Porreiro na que nenos e maiores demandaron que se cubra a praza de Pediatría. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Non é país para crianzas

ERGUÉMONOS ESTE luns de resaca. Aínda que sexa simplemente por traballar a deshoras e contra o reloxio na noite electoral. Por non dar durmido, ben avanzada a madrugada, vítimas da adrenalina que provocan a emoción, a intriga e a tecla F5 pulsada de xeito compulsivo para actualizar resultados. Por espertar cun taladro martilleando no piso de arriba a golpe de luns ben...
Noguera saúda ao ceo tras chegar á meta na proba de longa distancia do Mundial de Tríatlon, o pasado 4 de maio en Pontevedra. RAFA FARIÑA

O campo de Oliver e Benji

UNHA DAS cousas que máis me gustou descubrir a propósito do Mundial de Tríatlon que se celebrou en Pontevedra hai un par de semanas foi a aposta pola igualdade entre mulleres e homes. Penso que debe ser unha das poucas disciplinas (se é que hai algunha máis) na que deportistas de ambos xéneros compiten en igualdade de condicións. Os mesmos tempos, os mesmos percorridos, as...
Un triatleta recibe os aplausos do público ao seu paso pola praza da Peregrina o pasado sábado. RAFA FARIÑA

Un exemplo para o mundo

VALE, CONFÉSOO. Toda esta historia do Mundial de Tríatlon quedábame tan fóra da axenda como un concerto de Pablo Alborán. Non é un deporte que centre os meus desvelos, precisamente, máis aló de seguir puntualmente as xestas de Javier Gómez Noya (todo o bo que poidamos dicir del queda ben escaso) e descubrir non hai tanto a Pablo Dapena e Saleta Castro. Pontevedra calidade....

Xogo de troniños

NON QUERÍA meterme nun xardín facendo a analoxía entre a omnipresente Game of Thrones e as batallas electorais que nos foron coincidir en tempo e forma coa emisión da última temporada da serie nacida do maxín de George R.R. Martin (apura coa seguinte entrega, meu!), pero confeso que a semana pasada tamén me veu á cabeza a alegoría dos tres camiñantes brancos ameazando con...
A asociación Fademga Plena Inclusión Galicia convocou un simulacro electoral para persoas con discapacidade intelectual. JOSÉ LUIS OUBIÑA

O luxo do dereito ao voto

FALAN do sufraxio universal, pero poucas cousas hai menos universais que o dereito ao voto. Parecía que todo o mundo tiña a posibilidade de achegarse un domingo electoral á urna máis próxima ao seu domicilio, pero resulta que non. Que había 100.000 españois con discapacidade intelectual que tamén tiñan vetada a súa participación na festa...
Un home guiando un burro nunha parroquia pontevedresa. JAVIER CERVERA-MERCADILLO (ADP)

Todas somos inocentes

O 1 DE abril van os burros onde non deben ir. Así o di o refrán, porque hoxe, cando estou escribindo estas liñas –que foi onte para vostedes as do papel ou calquera día se as len na web– celébrase o Día da Mentira ou Día dos Enganos. É unha tradición que se conserva en numerosos países de todo o mundo, entre eles Galicia. Nos de cultura aglosaxona coñécese como o April...
Torre humana na inauguración do parque de Campolongo. RAFA FARIÑA - Portada

O xogo de pisar cabezas

DICÍA HAI pouco a compañeira Sara Vila que en Pontevedra somos urbanistas, porque vivir na Boa Vila fainos un chisco expertos en organización urbana. Non podo estar máis de acordo con ela, xa o sabe. Así é que imos por outras cidades e botamos en falta máis rúas peonís e beirarrúas máis anchas, pensamos o ben que quedaría un lombo en segundo que sitio e o xeito que faría...
Un rapaz cruza por un paso de peóns. GONZALO GARCÍA

Unha labazada a tempo

"PARA CONVERTIR a nuestros hijos e hijas en personas nobles necesitamos educarles en evitar los atajos y en esto debería centrarse la educación de las generaciones futuras. ¿Lo estamos haciendo? Estoy convencida de que los niños y las niñas de ahora no son diferentes de los niños de hace 200 años. Considero que el problema son los padres y la educación de los padres, no la...
Manifestación celebrada o pasado 8 de marzo en Pontevedra. RAFA FARIÑA

As malleiras, nas urnas

A MIÑA querida Clara pintoume as unllas de morado o pasado xoves pola noite. A cor ideal para vivir un 8M nas rúas, esas mesmas rúas nas que millóns de mulleres (e moitos homes de ben) nos manifestamos en toda España nunha xornada histórica para deixarlles ben claro a todos eses cretinos (e tamén esas cretinas, que habelas hainas, aínda que presuman de femeninas ou normais)...
Varias cativas, vestidas co traxe tradicional galego, o ano pasado no Día da Muiñeira. RAFA FARIÑA

Meniña gaiteira

Meniña gaiteira non toques a gaita lostrega no ceo lostrega na praza. Meniña gaiteira non toques a gaita vai frío no ceo vai frío na praza. Meniña gaiteira non toques a gaita chuvisca no ceo chuvisca na praza. Meniña gaiteira non toques a gaita que toca o inverno fermosas sonatas.

Dúas alumnas do CEP Campolongo, a semana pasada, nunha plantación de árbores nos montes de Salcedo. GONZALO GARCÍA

Unha casa en lapas

ALGÚN DÍA o planeta Terra desaparecerá por culpa dunha inevitable explosión do Sol. Parece preocupante, non si? Pero iso ocorrerá dentro de moito tempo. Dentro de milleiros de millóns de anos. Non estaremos aquí para velo. Nin os nosos netos nin os netos dos seus tataranetos. Carpe diem. Carpe diem pero con sentidiño, engado. O anuncio da explosión do noso querido...
Escudo franquista sobre a porta da Audiencia de Pontevedra

Escritos con sangue

O PASADO mes de decembro cumpríronse once anos da aprobación da Ley de Memoria Histórica. Ben sei que hai xente cabezudiña, tamén os que dirixen certas administracións, pero aínda así quedei un pouco pampa ao ler días atrás que a Dirección General de Memoria Histórica tivera que lembrar a 656 concellos de toda España que aínda tiñan por retirar vestixios do franquismo nas...

Polo pan dos seus fillos

Camiñan descalzas polas rochas, pantasmas de sal habitan as sombras, saben que as últimas mareas esqueceron na praia os restos do naufraxio. As mulleres recollen cada noite os tesouros de auga, líquidos e fráxiles, rebélanse contra a Historia, constrúen co mar as estatuas que nunca permanezan. As mulleres de sal, con argazos de sombras, xorden das últimas mareas e tecen tesouros de auga cada noite contra a Historia. Elas, que saben que o efémero permanece

O meu boli rosa

TEÑO UN boli rosa. Non só iso, senón que vai adornado cunhas lenes plumiñas da mesma cor e remata cun pequeno resorte coroado por unha figuriña de Hello Kitty. É unha das cousiñas máis bonitiñas do meu bote dos lapis do choio, sobre todo porque mo regalou, no seu día, a miña amiga Luisa. Non sei se me vexo a min mesma comprándoo para a oficina. Ben, igual si, porque agora...
Unha imaxe do interior da librería Paz, un auténtico referente da literatura en Pontevedra. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Historias afogadas

DISE QUE as librerías agochan un mar de historias, un océano de novelas, poesías, contos, banda deseñada e ilustracións que xa é difícil non atopar algunha que nos guste. Que ata mesmo nos encante, nos emocione ou nos faga querer lela unha e outra vez. Que nos anime a levar un pequeno botín para a casa pese a que, admitimos, temos aínda unhas cantas pendentes de pasar as...
Mobilización en defensa da sanidade pública diante do Hospital Provincial de Pontevedra en 2018. RAFA FARIÑA

Na saúde e na enfermidade

DIXÉRONO TANTAS veces que acabamos por crelo: a sanidade española é a mellor do mundo. Do mundo mundial. A galega tamén. Como non convencerse. Só hai que botar unha ollada fóra das nosas fronteiras. Podemos comparar os servizos dos que gozamos (é un dicir) e pagamos cos nosos impostos cos de algún hospital de campaña de África ou dalgunha clínica mexicana, por poñer un...
'Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta', traducido ao catalán pola Editorial Barcanova. CEDIDA

España monolingüe

O VINDEIRO verán cumpriranse 24 anos (mi madriña, case un cuarto de século!!) da miña primeira viaxe a Inglaterra para vivir catro semanas inmersa na lingua de Shakespeare. Foi grazas a unha bolsa de estudos que dona Esperanza Aguirre se encargou de suprimir convenientemente nada máis chegar ao ano seguinte ao Ministerio de Educación da man de don José María Aznar. Pero...
Unha irónica protesta nun estanco, en xaneiro de 2006, cando empezaron as restricións para o consumo de tabaco en lugares públicos. ADP

Leve o demo os malos fumes

DÍA 7 DE xaneiro. Feliz 2019, digo ao límite do politicamente correcto para transmitir este bo desexo mentres escribo estas liñas, se é que hai unha barreira no calendario para ir arquivando este saúdo. Sobre todo para as que tivemos a sorte de ter vacacións a primeira semana do ano, este non é un luns calquera. É a hora da verdade. Volver ao traballo, prepararse para a...
Gaspar e Lores saúdanse na véspera de Reis do pasado mes de xaneiro. GONZALO GARCÍA

Queridísimos Reis Magos

QUERIDÍSIMOS REIS Magos, estimadísimo Apalpador, admirado Papá Noel: chegan estas datas e trato de poñer as ideas claras á hora de escribirvos unha carta. Ben, digo carta por non dicir unha lista de desexos. Pásame como a eses cativos que empezan a recortar xoguetes dos catálogos como se as tesoiras tiveran vida propia e despois non hai folio que chegue para pegar tanta...
Extracto da viñeta que ilustra a petición 'Espacios infantiles libres de música machista'. @MAMADIBUJA

Veleno puro nos seus oídos

"TENGO UNA conejita con tremendo culote / ella no, no le para a nada no / ella quiere que la choque / Y ella quiere mi bolón en su boca / dice que soy el loco que la coloca / yo la conocí con orejitas y sin ropa / Tu nalga dice que se vende pero me la fía / cuando me lo da tengo el guía / es que tu paladar mi leche conocía / La agarro duro del pelo si lo estamos haciendo /...
Unha cativa deixa unha mensaxe de recordo no Día Mundial en lembranza das vítimas de violencia viaria de 2017. RAFA FARIÑA

Prioridades

LUNES 3 DE noviembre de 2014. Un día tan único y excepcional como todos. Un día más. Esa tarde llueve, tras semanas de no hacerlo. Y en un punto de la M-618 entre Torrelodones y Hoyo de Manzanares, Madrid, en la curva de siempre  al decir de vecinos y usuarios, tiene lugar un accidente. Uno más". Así empeza a historia de Gabriel el Vikingo . Quizais a coñezan,...