Chus Gómez / Non tes tu fe
Chus Gómez / Non tes tu fe

Os ricos xa non choran

Corenta anos despois da famosa telenovela que tan popular fixo esta frase, podemos dicir que os ricos xa non choran. Agás que sexan Tamara Falcó , pero ese xa é outro cantar. Se chora non será por que teña que pagar o imposto do patrimonio , pensado para quen declare máis dun millón de euros. Tanto Díaz Ayuso en Madrid en Madrid como Moreno Bonilla en Andalucía...
Escolares nun colexio de Pontevedra. GONZALO GARCÍA

Aparcamento de crianzas?

Confeso que fun unha desas persoas que, de inicio, mirou con malos ollos a proposta realizada hai uns días polo portavoz socialista na Asamblea de Madrid, Juan Lobato. Esta consistiría en abrir os colexios públicos da comunidade durante once meses ao ano e nun horario máis amplo que o puramente lectivo. É dicir, que as escolas poderían acoller as crianzas de sete da...
Imaxe do clip de Fame de Odio, de Tanxugueiras. DP

Fraca, gorda ou moreniña

"Fraca, gorda ou moreniña, de pel branca ou ben planiña... ", comeza Fame de odio , un dos novos temas de Tanxugueiras que, entre outras cousas, é toda unha oda á diversidade de corpos e unha inxección de autoestima como hai poucas . Coincidiu casualmente no tempo e consegue, diría eu, o obxectivo que perseguía a famosa campaña do Ministerio de Igualdade El...
Efectivos del dispositivo antiincendios miran el fuego en O Courel. VICTORIA RODRÍGUEZ

Irrespirable

"Foi por falta de medios. Nós sacamos aos nosos pais como puidemos e levámolos a sitio seguro. Cuando intentamos volver non nos deixaron. Cortáronnos a carretera. Se estamos eiquí isto non pasa. Nós non deixamos entrar o lume , apagámolo con medios manuais. Non lle temos medo. (...) Se ardemos algún, ardemos no noso pueblo ". Estremece escoitar, este luns, a voz desta...
Pancarta con el lema 'Aborto legal' durante una manifestación en frente del Tribunal Supremo, en Washington. JORGE DASTIS (EFE)

Dereito a vida, seica

CASE MEDIO século despois da sentenza do Tribunal Supremo de Estados Unidos (coñecida como o caso Roe contra Wade) que consagrou o dereito ao aborto como un dereito constitucional en todo o país, o mesmo tribunal vén de revocar a histórica decisión con cinco votos a favor, tres deles de xuíces nomeados por Donald Trump, o mesmo individuo ao que sinalan por ter pagado o...

Igualdade si, pero non así

"A LAS NIÑAS de mi generación nos educaron para ser iguales a los chicos en todo, en eso consistía la igualdad, en ser como los hombres, en hacer todo lo que ellos hacían y como ellos lo hacían. La igualdad, después de todo, era otra forma de obedecer". Tropezo con este parágrafo de Nuria Labari , da súa recente obra El último hombre blanco , a través de Marta Nebot ....

Comentario de texto

SEGURO que chego tarde para lembrarlle á CIUG que aínda mantén unha débeda histórica con Marta Veiga Izaguirre. Ogallá en pouco máis de 24 horas teña que engulir estas palabras porque no exame da Abau de Lingua e Literatura Galega, que se celebrará esta mércores, se teña incluido un texto da xornalista cántabro-luguesa con ascendencia na Terra do Medio. Ogallá. Despois de...
La plantilla del Real Madrid celebra en el Santiago Bernabéu la Champions conseguida ante el Liverpool. VÍCTOR LERENA (EFE)

Campionato de tópicos

"COMO ESTÁ o PP esta mañá coa súa 14ª Copa de Europa", lin no Twitter este domingo. O primeiro que fixen non foi pensar en certo concelleiro popular, de corazón azulgrana, dándose por vencido trala enésima xesta do Real Madrid. O primeiro, porque non me fixara no emoji da retranca, foi pensar que este Xoán resumía nunha frase o que levaba escoitando desde doce horas...

O rei vai espido

Xa o dicía aquel raparigo do conto O traxe novo do emperador (Hans Christian Andersen, 1837): "O rei vai espido! O rei vai espido!". Non foi así, literal (e afortunadamente, tamén), pero quedou claro que o personaxe anteriormente coñecido como SM Juan Carlos I está moi lonxe desa "plena forma" que nos quixeron facer crer cando chegou a Vigo nun jet privado que non pagou,...

Esperando o San Martiño

Aínda non eran as nove e cuarto da mañá do luns cando Gemma, acabada de saír dunha revisión médica á que tivera que ir sen almorzar, se dispoñía a tomar un sinxelo café cunha torrada no primeiro bar que atopou no camiño de volta. Primeira culpa: non saber onde se metía. Pois nada máis sentar na terraza, dous indixentes mentais da familia dos cochos -a ver se é certo o...

Polo prezo dun café

Pode ser que estea lendo este artigo na contracapa do Diario (grazas!) mentres dá conta dun café nun bar de Pontevedra, de Barro, de Marín ou de Poio. Quizais con esas moedas coas que pagará a consumición vaia incluído o euro trinta que custa o xornal no quiosco entre semana. Iso que aforra, aínda que logo non teña a man o papel para envolver o peixe ou limpar cristais....

Ese momento egoísta

"É unha putada que che gusten os libros. Económica, espacial, temporal, afectiva...". A frase non é miña, pero subscríboa cos ollos pechados. Incluida a bocalada. É de Emma Pedreira, a autora, entre outras obras moi recomendables, de Os libros que hai en min . Este delicioso ensaio foi un encargo de Andrea e David, de Cuarto de inverno , que ela acolleu como o "puto...

Onde vas, Vinicius?

Non hai Semana Santa na que non coma rosca nin vexa algunha das películas clásicas desta época, xa sexa Ben-Hur, Quo Vadis ou Os dez mandamentos. Aínda que sexa testemuñal. Desta volta tocoulle a Quo Vadis , xa saben, aquela romanada , que diría o avó de Cabeleira, dirixida por Mervyn LeRoy en 1951 e grazas á que todas lle poñemos a Nerón a cara (de apampado) de...

Sentidiño, por favor

AS SEÑORAS que temos unha idade lembramos que de pequenas podiamos viaxar en coche deitadas no asento de atrás, de pé enganchadas ao repousacabezas do condutor (xa había repousacabezas?) ou ata con outras cinco crianzas ben apertadiñas e algunha máis encrequenada aos pés dos maiores. E os meniños no colo, claro. E como eran aqueles traxectos en autobús ao colexio? A miña...
Manifestación do 8-M en Pontevedra en 2020. DAVID FREIRE

Esquece o teu paraugas lila

"LAS FEMINISTAS asumen que ya han alcanzado todos sus objetivos históricos al ver el logo de Iberdrola de color morado" . Podería parecer un titular de El Mundo Today. E, de feito, éo. Pero non é falso, senón todo o contrario, alomenos en parte. Porque, efectivamente, ese "grupo empresarial dedicado a la producción, distribución y comercialización de energía" con sede no...
Ayuso e Casado saúdanse no acto do peche de fin de campaña do PP, o pasado venres en Valladolid. NACHO GALLEGO (EFE)

Unha vitoria envelenada

ENTRO EN internet despois dun domingo de presunta desconexión da actualidade –e desas redes sociais que son como areas movedizas– para descubrir que (oh sorpresa), a ultradereita volve medrar e darlle a razón a ese argumento, nunca peor , que debería ser deostado por inmobilista. Porque si, sempre se pode ir a peor. Peor que non moverse e ir cara atrás. Sen ser eu nin...
Remolachas. PIXABAY

De andamios e remolachas

EL CAMPO de Palencia ha sido atacado. Ha sido atacada la remolacha. Yo he vivido cerca de Monzón. Los años tan difíciles que han vivido, como para que ahora vengan a decir que el azúcar es veneno», dixo Pablo Casado esta pasada fin de semana nun acto electoral en Castela e León. É posible que este rapaz (de aquí en diante chamarei rapaz a aqueles que teñan nacido despois de...
Un lineal de lácteos nun supermercado de Pontevedra. RAFA FARIÑA

Ata onde imos chegar?

A MIÑA marmelada favorita é a caseira. Pero con menos azucre do que indica a receita. A miña segunda marmelada favorita, versión diet , é a que vén nun frasco de vidro, co nome da marca na pegatina, sen ningunha imaxe da froita que lle dá sabor. A froita está dentro, non na foto. Lembran? Ata hai unhas semanas adoitaba aproveitar a oferta da segunda unidade ao 50% ou 70%,...
Tanxugueiras, no concerto celebrado o pasado 28 de novembro no Pazo da Cultura, co auditorio ateigado. RAFA FARIÑA

Ez dago mugarik

PASARON OITO meses, sigo sen ter fe e moitas dúbidas sobre a que dedicarlle o primeiro artigo desta nova etapa, na que seguimos en pandemia, na que todo cambia case a diario (ola outra vez, novos protocolos), pero que, no fondo, todo sigue igual ata que poidamos saír destas areas movedizas. Pensei en falar desas farmacéuticas que choran por ter que vender a perdas,...
O grupo Måneskin co trofeo recibido tras gañar Eurovisión o pasado sábado. ROBIN VAN LONKHUIJSEN (EFE)

Aquí xógase!

MEDIA TARDE do luns 24 de maio. Vén de confirmarse que o cantante de Måneskin, o grupo italiano que gañou o pasado sábado a edición número 65 do Festival de Eurovisión e que hai tres anos actuara no Son do Camiño, na Cidade da Cultura, deu negativo no test de drogas que lle realizaron tras unha sospeitosa imaxe recollida por unha cámara en plena rolda de votacións....
Unha torre de libros a piques de virse abaixo (dou fe). C.G. - Portada

Tsundoku (hai cousas peores)

PASOU O Día do Libro, pero non pasou a romaría, sobre todo para aquelas que sufrimos de tsundoku, xa saben, ese termo xaponés referido á arte (ou ao vicio) de comprar máis libros dos que se poden ler. Porque é posible meter un milleiro, en formato físico, nunha vivenda pequena sen que aquilo pareza unha biblioteca, ou quizais si. En galego, en castelán, en italiano, en...
A Illa das Esculturas, totalmente baleira, unha mañá chuviosa de Semana Santa. C.G.

O corredor enmascarado

SPOILER: ESTE artigo non vai de Batman disputando os 100 metros lisos. Non todos os heroes levan capa, pero algúns, por moito que o crean, tampouco levan máscara. A Xunta deulle o pasado venres unha nova volta ao asunto do tapabocas e desde onte as persoas que realicen exercicio ao aire libre estarán exentas de levalo sempre e cando se poida garantizar unha distancia...

Des-memo-ria

NON ME gustan os colexios de curas e de monxas. Aínda que entre os equipos docentes, marabillosos nalgúns casos, non quede máis que o recordo das sotanas e os hábitos. Non me gustan eses corredores cheos de iconografía máis propia dun templo ou dun confesionario. Eses cristos presidindo as aulas ao máis puro estilo dos colexios de EXB hai 30 ou 40 anos. Non comulgo coa...
Tarefas de desinfección na residencia de maiores de Campolongo o 22 de abril de 2020. JAVIER CERVERA-MERCADILLO (ADP)

Puro teatro (pandémico)

DI MERCEDES Corbillón que nestes días calquera telediario é como o Facebook, empeñado en botarnos á cara todas as lembranzas de fai 365 días, 364, 363... E abofé que non lle falta razón. Recurso obrigado para os medios de comunicación, poucos acontecementos universais, se é que hai algún comparable, teñen gañado por dereito propio ser carne de efemérides día si e día tamén....
O valado das obras de Benito Corbal ten unhas frechiñas que indican o itinerario a seguir. C.G.

Siga a (condenada) frecha

A PRIMEIRA vez que souben delas foi nun comentario nese grupo de facebook del que usted me habla, nese mesmo que se comentan as cousas desta querida Pontevedra como se fora un inmenso patio de veciñas do mesmísimo Campolongo, por poñer un exemplo. Alguén fixo notar que no valado que rodea as famosas obras do famoso cruzamento entre Benito Corbal, Daniel de la Sota e...
Tempo de nada CG

Tempo de nada

DENÍS ten catro anos e púxolle data de caducidade ao coronavirus. Será no verán, por algo que escoitou na televisión. Conta seu pai que o raparigo fala a diario de pitas e fabas e pregunta aos avós polo estado das súas cousas. A uns avós que non ve desde aquel lonxano mes de agosto, cando parecía que a vella realidade podería chegar a volver máis pronto que tarde, como os...
Posta de sol en Mogor. C. G.

Unha volta ao sol

CASOS ACTIVOS, patoloxías previas, incidencia acumulada, contaxios diarios, PCR, positivos, transmisión comunitaria... Estarán fartas de escoitar, de ler, de utilizar estas expresións que hai apenas doce meses nos eran tan alleas. Pasou case unha volta ao sol desde que eramos como formiguiñas curricando dun lado ao outro, como o famoso hamster dándolle á roda, cunhas vidas...
A proxección sobre o Pazo de Cultura que lle advirte a 2021: pórtate ben. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Carta urxente aos Reis Magos

Queridos Reis Magos: Nunca pensei que botaría tanto en falta a vosa visita de cada 5 de xaneiro, despois da cabalgata, na redacción do Diario. Desde logo non podería imaxinalo naqueles anos nos que a vosa presenza era sinónimo de hoxe hai que acabar rapidiño antes de que chegue toda esa xente coa cativada e se arme tremendo balbordo . Cando tes crianzas, a cousa cambia,...