Viernes. 15.12.2017 |
El tiempo
Viernes. 15.12.2017
El tiempo

Artigos dos membros do Grupo Doxa de filosofía, publicados en El Progreso. Filosofía, pensamento, reflexión... a actualidade vista dende unha perpsectiva repousada.

Eduardo Pondal no século XXI

NO REMATE do centenario do pasamento do poeta Eduardo Pondal (1835-1917) compren, quizais, algunhas reflexións dun lector distraído. Que pode traer Queixumes dos pinos  (1886) ao público actual e posmoderno? Para un lector despreocupado, a primeira lectura de Queixumes  (conxunto de case noventa seccións poéticas)...

Elementos de reflexión: igualdade de xénero

CANDO EU era un rapaz, na aldea, a forza era unha calidade moi importante, non hai máis que pensar en traballos como manter o arado no rego, cargar un carro de esterco, gadañar a herba dun prado, carretar ao lombo quintais de gran ou de patacas ou mover os porcos cebados no tempo da matanza, entre outros, para decatarse de que estes labores precisaban da...

Carrachas e dogmas

AS CARRACHAS son cegas e xordas e, ademais, carecen do sentido de sabor. Oriéntanse no mundo grazas á percepción dos cambios de temperatura e a unha sensibilidade especial para detectar o ácido butírico. Non necesitan máis. Cando algunha presa se achega a elas, advírteno inmediatamente ao percibir o cheiro dos...

Cataluña: inventar un inimigo

NESTES MOMENTOS de confusión intelectual e de actitudes onde prima o visceral sobre o racional, alentadas sen recato polo poder establecido co fin de extraer delas suculentos réditos, Cataluña convértese no campo de operacións para despregar o seu poderoso arsenal de recursos para logralo. Independentemente do tufo a retorceduras da realidade, truculencias, exclusións e...

Supermercado educativo

NESTES momentos de parón no curso escolar pódese facer unha reflexión sobre a educación dende a distancia que nos permite separarnos da loita diaria. Sae dos institutos a primeira xeración Lomce, o que significou para eles unha redución do número de horas e materias de formación obrigatoria e o aumento de ambas en formación complementaria, sempre comparando coas promocións...

Construír a realidade/construírse a si propio

EMPREGANDO O que denominamos ciencia rexeitamos as historias míticas como contidos alleos á verdade na que, evidentemente, nos situamos, dada a seguridade que nos proporciona o chamado coñecemento científico. Deste xeito desbotamos deuses, anxos, xigantes, monstros e demais fauna de carácter mitolóxico pero desbotamos, igualmente, calquera aspecto da realidade que non estea...

Tormentas, silencio e música

PARA ENSINAR o verdadeiro, dicía Lichtenberg, hai que usar a linguaxe do falso, se cadra porque non hai outro. Lichtenberg, profesor de física que daba clases de costas á pizarra para ocultar unha chepa que seguramente lle procurou un temperamento sarcástico, foi autor da colección de aforismos máis luminosa dos tempos modernos e, según conta Enrique Vila Matas ( Dietario...

O síndrome do adolescente

CANDO FALAMOS da evolución humana e nos preguntamos polo proceso de hominización a comunidade científica nos resposta que este é, a transformación do animal en ser humano. Relátannos a hominización corporal centrada no eixo pes-mans-cerebro. A posicición ergueita permanente, a liberación das mans das funcións locomotoras para converterse en órganos para manipular e asir...

Banalización programada

QUE PARTE das nosas vivencias, actitudes e comportamentos non teñen especial transcendencia para o devir da humanidade parece incuestionable. Pero unha cousa son os aspectos triviais que, xunto cos relevantes, forman parte dese conglomerado complexo que constitúe o ser humano e outra é que o intranscendente, o banal, solape, falsee e acabe por anular os aspectos básicos...

Repensar a democracia

NAS ÚLTIMAS décadas, a palabra democracia, tornouse nun concepto inerte e nun tótem incuestionable e intocable, como diría o profesor de Harvard Dani Rodrik. Despois de anos de políticas neoliberais nos que a democracia se ha reducido á liberdade de elección e ao libre mercado, as institucións e os réximes democráticos cambaléanse, perdendo o seu sentido. Esta foi utilizada...

O mapa non é territorio

ASOMÁMONOS Á realidade desde os conceptos que un día inventamos, e logo acabámonos aferrando a eles coma se fosen a realidade mesma. Como dicía Nietzsche, olvidamos que non son máis que metáforas. Pero o que ten poder para impoñer a súa visión metafórica do mundo tamén o ten para impoñer o seu mundo, aproveitando precisamente esta confusión. Vémolo claramente na linguaxe...

Amizade e verdade

A LINGUAXE QUE son as persoas ten o risco de atrofiarse. Converterse nun círculo rutineiro de consignas autoreferentes. De imperativos impermeables á realidade. A linguaxe dilúese no vago e inconcreto, en falsas abstraccións. Signos sen contido, malia as aparencias que no público proxecta o trato inmediato coas novas tecnoloxías. As persoas están usando a linguaxe como un...

El himno de la discordia

EL PASADO fin de semana se disputó la final de la Copa del Rey de fútbol entre un equipo vasco y uno catalán y, una vez más, gran parte de las aficiones le dedicaron una sonora pitada al himno español ante el semblante estoico y circunspecto de Felipe VI. Aunque esto se ha convertido casi en una tradición que no debiera sorprender a nadie, los elementos más reaccionarios...

Existe, aínda, o "ser galego"?

FALABAN OS filósofos lucenses Ramón Piñeiro e Celestino Fernández de la Vega do que consideraban o ser galego, situando o espírito de dito ser en tres ámbitos: a saudade, o sentimento da paisaxe e o humorismo. É ben sabido que Celestino desenvolve con amplitude e suficiencia este último aspecto en O segredo do humor pero a pregunta pola existencia dun humor, singular,...

Posliberdade

NAS DEMOCRACIAS liberais de principios do século XXI a liberdade é un dos conceptos máis demandados, utilizados, invocados e incluso sacralizados, curiosamente en sociedades pretendidamente laicas. Tamén é pola contra -ou polo mesmo- un dos conceptos máis baleiros dos que dispoñemos. Intentemos poñer algo de orde: o termo provén do latín, libertas , "o que ten a calidade...

Contra el alma y la ciudad

EL HUMANO es un ser inquieto. Cultiva, domestica, produce, domina, y al mismo tiempo se cultiva, se produce, se domestica, se domina, esa es la fuerza y la debilidad de su cultura. Todo avance y todo progreso albergan alguna forma de ilusión, y si queda futuro este solo puede llevar a lo que un día fue origen: la naturaleza, el cuerpo. Pero es difícil el retorno a la...

Reivindicación da poesía

"A POESÍA é anticuada para quen está saciado, pero cando o real é insoportable, adquire o valor dun arma para sobrevivir" (B.Cyrulnik). O meu primeiro contacto co que daquela chamaban poesía foi na tétrica e deformadora escola franquista que sufrimos xeracións enteiras. Abundaban os ripios potentes e arrepiantes, trufados de linguaxe militarista, machista e excluínte, que...

Retorno e porvir dunha ilusión

O FILÓSOFO Louis Althusser en Iniciación a la filosofía para los no filósofos (Siglo XXI, Madrid, 2016) explica como calquera ideoloxía non é arbitraria. Non xorde por casualidade, nin por azar. Sempre indica cuestións ou problemas reais, aínda que aparezan revestidos. Unha ideoloxía tamén apunta a unha forma de descoñecemento e, por esta razón, ilusoria. Así, calquera...

Felicidade/desigualdade/dignidade

NUN TRABALLO feito por alumnado do IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes apórtanse datos ilustrativos sobre o estado actual do binomio igualdade/desigualdade dende a perspectiva económica, así como da súa evolución histórica. Aí van algúns: -O 1% da poboación mundial dispón de recursos equivalentes ao resto da mesma. -Os países ricos aportan, anualmente, 130.000 millóns...

En defensa de Trump, vostedes perdoen

AÍNDA QUE sobren motivos para rexeitar e renegar do que Trump di e fai, vou intentar, co seu permiso, tratar de atopar un par de medio-virtudes no personaxe a risco, incluso, de ser politicamente incorrecto. Ser politicamente incorrecto é a primeira medio-virtude de Trump. Isto ten como consecuencia que non di máis que barbaridades, auténticos despropósitos. Pero vai en...

Xestación subrogada

AS EXPRESIÓNS xestación subrogada, maternidade subrogada, subrogación xestacional, xestación por substitución ou a simple subrogación, veñen nomear unha técnica de reprodución asistida posta en cuestión por uns e encomiada por outros nos últimos meses. Aínda que é un tema que vén suscitando diferentes dilemas morais sobre a súa práctica e as súas consecuencias nos últimos...

Arquitectura do pensamento único

CASE SETENTA anos despois da súa publicación, 1984 , a novela de Orwell, converteuse hoxe nun éxito de ventas provocado pola asociación, inducida mediaticamente, coas decisións e actitudes exhibidas sen pudor polo recente elixido presidente dos EE.UU. Ademais de demostrar que todo é susceptible de ser convertido en obxecto de mercado, resulta dunha flagrante hipocrisía que...

Decrecemento e felicidade

A CONCEPCIÓN ortodoxa da Economía céntrase en dous principios tan básicos como claros: o crecemento económico debe ser prolongado, permanente e duradeiro; para manter o devandito crecemento, a produtividade debe incrementarse dun xeito continuado. No fondo dos devanditos principios subxace un optimismo sen freo, unha fe cega en que o crecemento económico xera un maior...

O espellismo da liberdade

THE CORPORATION ( La corporación ), un documental canadiense do 2003, fai unha interesante descrición da empresa multinacional ao fío da súa adquisición da personalidade xurídica. Dado que a empresa foi adquirindo dereitos propios das persoas físicas, plantexa avaliar o seu comportamento desde un punto de vista psiquiátrico ao igual que se faría con calquera individuo,...

Nada de actualidade

QUE SIGNIFICA actualidade? Por que o actual considérase mellor que o non actual? Actualidade é concepto reitor de vidas privadas e destinos colectivos. Criterio de decisión. Autoridade totémica, protectora. Garda dunha orde social que debe avanzar para manterse viva. Peneira sagrada que criba o útil do prescindible. Concíbese a actualidade como anticipación certa do...

La inquietante fascinación de los teléfonos móviles

NO DESCUBRO nada diciendo que la tecnología posee un impacto enorme en nuestra vida cotidiana. Muchas veces impredecible, a causa de esa lógica que dice que cualquier respuesta a un problema o una necesidad genera a su vez una nueva constelación de problemas no previstos. Creo que esto es lo que ha ocurrido con el uso generalizado de los teléfonos móviles. Estos...

A democracia en crise?

CADA VEZ mais a miudo óese falar de que a democracia vai perdendo adeptos, escóitase que para moita xente (tamén moza) a democracia non deixa de ser un obstáculo para desenvolver o proxecto persoal de vida. Ante isto a primeira impresión é desoladora, tantos esforzos ao longo de tantos séculos, tanta cadea, tortura e morte, tanto sufrimento ofrecido na ara da Democracia...

O futuro era isto?

O 2016 despídese anunciando unha nova era no sistema-mundo, na que entraremos simbolicamente cando o próximo 20 de xaneiro Donald Trump se convirta no 45º presidente dos Estados Unidos de América. Usando un dos vocablos do momento podería ser a era da posverdade, se admitimos que a opinión común non é produto dun coñecemento obxectivo dos feitos senón de procedementos de...

Posverdade: a mentira inducida

DESDE OS albores da filosofía a preocupación pola busca da verdade, en todas as súas dimensións, converteuse nunha constante ao longo da historia do pensamento. A verdade como obxecto de reflexión desde a epistemoloxía (distinción entre aparencia e realidade, opinión e ciencia), a axioloxía e a ética (a verdade como un valor asociado á honradez e á sinceridade) e a...

A morte non pode ser o final

HAI TAN só uns días celebrouse o cabodano do que algúns demos en chamar ‘a semana tráxica’ da cultura galega. A finais do mes de novembro do ano pasado falecían, no intervalo de tres días, Xosé Neira Vilas, Esperanza Guisán Seijas, Xosé Alvilares Moure e Xosé Chao Rego. Nada menos. Xosé Neira Vilas, escritor e ensaísta, voz literaria do rural galego e da emigración en...