Grupo Doxa de Filosofía
Grupo Doxa de Filosofía

Felicidade/desigualdade/dignidade

NUN TRABALLO feito por alumnado do IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes apórtanse datos ilustrativos sobre o estado actual do binomio igualdade/desigualdade dende a perspectiva económica, así como da súa evolución histórica. Aí van algúns: -O 1% da poboación mundial dispón de recursos equivalentes ao resto da mesma. -Os países ricos aportan, anualmente, 130.000 millóns...

En defensa de Trump, vostedes perdoen

AÍNDA QUE sobren motivos para rexeitar e renegar do que Trump di e fai, vou intentar, co seu permiso, tratar de atopar un par de medio-virtudes no personaxe a risco, incluso, de ser politicamente incorrecto. Ser politicamente incorrecto é a primeira medio-virtude de Trump. Isto ten como consecuencia que non di máis que barbaridades, auténticos despropósitos. Pero vai en...

Xestación subrogada

AS EXPRESIÓNS xestación subrogada, maternidade subrogada, subrogación xestacional, xestación por substitución ou a simple subrogación, veñen nomear unha técnica de reprodución asistida posta en cuestión por uns e encomiada por outros nos últimos meses. Aínda que é un tema que vén suscitando diferentes dilemas morais sobre a súa práctica e as súas consecuencias nos últimos...

Arquitectura do pensamento único

CASE SETENTA anos despois da súa publicación, 1984 , a novela de Orwell, converteuse hoxe nun éxito de ventas provocado pola asociación, inducida mediaticamente, coas decisións e actitudes exhibidas sen pudor polo recente elixido presidente dos EE.UU. Ademais de demostrar que todo é susceptible de ser convertido en obxecto de mercado, resulta dunha flagrante hipocrisía que...

Decrecemento e felicidade

A CONCEPCIÓN ortodoxa da Economía céntrase en dous principios tan básicos como claros: o crecemento económico debe ser prolongado, permanente e duradeiro; para manter o devandito crecemento, a produtividade debe incrementarse dun xeito continuado. No fondo dos devanditos principios subxace un optimismo sen freo, unha fe cega en que o crecemento económico xera un maior...

O espellismo da liberdade

THE CORPORATION ( La corporación ), un documental canadiense do 2003, fai unha interesante descrición da empresa multinacional ao fío da súa adquisición da personalidade xurídica. Dado que a empresa foi adquirindo dereitos propios das persoas físicas, plantexa avaliar o seu comportamento desde un punto de vista psiquiátrico ao igual que se faría con calquera individuo,...

Nada de actualidade

QUE SIGNIFICA actualidade? Por que o actual considérase mellor que o non actual? Actualidade é concepto reitor de vidas privadas e destinos colectivos. Criterio de decisión. Autoridade totémica, protectora. Garda dunha orde social que debe avanzar para manterse viva. Peneira sagrada que criba o útil do prescindible. Concíbese a actualidade como anticipación certa do...

La inquietante fascinación de los teléfonos móviles

NO DESCUBRO nada diciendo que la tecnología posee un impacto enorme en nuestra vida cotidiana. Muchas veces impredecible, a causa de esa lógica que dice que cualquier respuesta a un problema o una necesidad genera a su vez una nueva constelación de problemas no previstos. Creo que esto es lo que ha ocurrido con el uso generalizado de los teléfonos móviles. Estos...

A democracia en crise?

CADA VEZ mais a miudo óese falar de que a democracia vai perdendo adeptos, escóitase que para moita xente (tamén moza) a democracia non deixa de ser un obstáculo para desenvolver o proxecto persoal de vida. Ante isto a primeira impresión é desoladora, tantos esforzos ao longo de tantos séculos, tanta cadea, tortura e morte, tanto sufrimento ofrecido na ara da Democracia...

O futuro era isto?

O 2016 despídese anunciando unha nova era no sistema-mundo, na que entraremos simbolicamente cando o próximo 20 de xaneiro Donald Trump se convirta no 45º presidente dos Estados Unidos de América. Usando un dos vocablos do momento podería ser a era da posverdade, se admitimos que a opinión común non é produto dun coñecemento obxectivo dos feitos senón de procedementos de...

Posverdade: a mentira inducida

DESDE OS albores da filosofía a preocupación pola busca da verdade, en todas as súas dimensións, converteuse nunha constante ao longo da historia do pensamento. A verdade como obxecto de reflexión desde a epistemoloxía (distinción entre aparencia e realidade, opinión e ciencia), a axioloxía e a ética (a verdade como un valor asociado á honradez e á sinceridade) e a...

A morte non pode ser o final

HAI TAN só uns días celebrouse o cabodano do que algúns demos en chamar ‘a semana tráxica’ da cultura galega. A finais do mes de novembro do ano pasado falecían, no intervalo de tres días, Xosé Neira Vilas, Esperanza Guisán Seijas, Xosé Alvilares Moure e Xosé Chao Rego. Nada menos. Xosé Neira Vilas, escritor e ensaísta, voz literaria do rural galego e da emigración en...

Reflexión urgente sobre reválidas y filosofía

LOS ALUMNOS y sus familias ya pueden respirar un poco más tranquilos, los que acaben el bachillerato este año solo se tendrán que examinar de materias cursadas en 2º curso, y no de 1º, como ocurría con la Filosofía en el proyecto inicial, una idea descabellada que estaba generando muchos problemas y que finalmente ha sido abandonada. Al final ni prueba tipo test ni valor...

Ciencia política e compaixón humana

DOUS GRANDES filósofos do mundo clásico, Platón e Aristóteles, representan dúas maneiras opostas de conducirnos cara á comprensión do ser humano. Platón pretendía achegarnos á verdade do que somos descubrindo as esencias, as ideas inmutables e eternas que nos definen (que habitualmente acaban sendo as ideas inmutables e eternas que outros din que nos definen). Aristóteles,...

Traballo intelectual e avaliacións externas

OBSERVEMOS calquera traballo que implique esforzo e dedicación intelectual. Nas sociedades avanzadas da investigación, desenvolvemento, comunicación e innovación, cada vez son máis numerosos. Entre as súas características están a especialización funcional, o forte compromiso persoal, o exercicio da profesionalidade intelixente. Mais, recentemente xorde un trazo inquietante....

A vontade xeral

EXPLICABA ROUSSEAU que o concepto "vontade xeral", que define a expresión democrática dunha sociedade, non debe ser entendido como a suma das vontades de todos. O ‘philosophe’ esixe máis que unha vontade conformada polo denominador común dos intereses de cada membro da sociedade, esixe que se asuma a categoría de cidadán que neste caso consiste –nin mais nin menos– que en...

Certezas

PARA VERTEBRAR o relato do mundo no que vivimos, do noso mundo, acudimos ás certezas. Vostedes que están lendo estas liñas, eu que as escribo, todos en xeral, construímos unha determinada imaxe do mundo en función das nosas certezas, as cales se configuran a si mesmas e configuran o mundo no que se desenvolve a vida do suxeito. Guíanse neste desenvolvemento polas...

As imaxes e as cousas

NON HAI tanto que o relato dos feitos se distinguía dos artificios da publicidade. Cando en 1998 se estreou ‘ El show de Truman ’ aínda causaban extrañeza as brevísimas interrupcións publicitarias que acabaron por delatar a impostura que era a vida de Truman, filmada desde o mesmo nacemento e emitida en directo as vintecatro horas do día, un ‘Gran Hermano’ ambicioso e...

Na senda de 'The Wire'

EDUCACIÓN etimolóxicamente procede do latín ēducātiō de ēdūcō ("educo", "adestro"), e profundando un pouco máis vemos que ten relación con "levar adiante", "sacar". O seu significado etimolóxico parece levarnos cara á tarefa de promover o desenvolvemento intelectual e cultural no educando, desenvolvendo o intelecto e o coñecemento a partir das súas potencialidades tanto...

Memoria ou abismo

OBSERVAR ÁS persoas que alternan momentos de perda e recuperación da memoria permite valorar a enorme incidencia desta no seu comportamento. Se con memoria predominan lucidez e accións coherentes, a ausencia provoca desorganización cognitiva e condutual e unha destrución da identidade que as achega ao abismo existencial. O descrito é transferible do plano individual ao...

Martín Lutero e o inicio da modernidade

MARTÍN LUTERO foi o principal artífice da Reforma Protestante, un fenómeno histórico complexo no que destaca o día en que proclamou as súas 95 teses nas portas da catedral de Wittemberg en 1517. O seu movemento reformador foi tamén posible grazas a diversos feitos acaecidos na tardía Idade Media como o nominalismo de Ockham que comezou a gretar a estrutura teolóxica e...

Razón poética

QUE FERMOSO podería ser o mundo!" É unha frase sinxela, que ben seguro a calquera de nós se nos puido pasar pola cabeza en máis dunha ocasión cando contemplamos un atardecer. A beleza ten ese poder: sacar o mellor de nós; pero esta frase adquire moito máis significado cando a pronuncia -segundo unha anécdota relatada polo psiquiatra Viktor Frankl no seu libro O home en...

Filosofía e historia

HAI QUEN entende que do paso da historia as persoas herdamos restos e despoxos, agrupados sen orde nin sentido. Un amoreamento de institucións e costumes, sen significado nin dirección. Esta visión da historia, carente de sentido humano, equipara as regularidades históricas ás leis da mecánica ou ás da física dos materiais. Pode ser reconfortante en tempos de crise, e...

O erótico na sociedade que vén

DICÍA O VELLO Sigmund que era necesaria a represión dos instintos, a través da sublimación, para o mantemento da estabilidade social. Esta operación psicolóxica non deixaría de ter efectos colaterais como el mesmo sinalaba en O malestar da cultura . Marcuse, entre outros, prestou moita atención a esta proposición freudiana e concluíu que o que debía ser reconsiderado era a...

Perdiendo el tren pedagógico

EN ESTE mes de agosto ha comenzado a implantarse en Finlandia una nueva reforma de la educación (National Curriculum Framework). Esta reforma no es en ningún modo una revolución, sino que continúa en la senda de la pedagogía progresista por la que el país apostó a comienzos de los años 70. Desde que en el año 2000 se empezó a elaborar el informe PISA, en el que ha figurado...

En defensa da burocracia

NO SÉCULO XXI xa sabemos/aprendemos que as burocracias acaban creando o seu propio sistema de violencia estrutural, que tenden a copar todo o espazo e todo o tempo que se lles permite e que incluso, os que as representan, os funcionarios, poden acabar aletargados nun desesperante nivel de incompetencia. Sabemos tamén que desprezamos as burocracias e os ríxidos sistemas de...

Filosofía ou supervivencia

A OLLOS profanos o traballo intelectual pode confundirse fácilmente coa preguiza. Deitaste ao sol, pechas os ollos e resulta que estás traballando. Marcel Proust escribíu ‘ En busca do tempo perdido ’ deitado na cama, e o can de Juan Carlos Onetti protestaba cando o vía saír dela, sabía ben onde escribía o uruguaio. Ás veces saes correr porque a extenuación pode ser un...

De novo, vello discurso da abstención

DURANTE O TEMPO transcorrido entre o 20-D e o 26-X, aparte dos distintos encontros e desencontros entre as diferentes forzas políticas para formar goberno, foise fraguando un novo discurso da abstención ou un novo relato sobre a mesma, tomando máis forza as últimas semanas. Quizais para moitos non se trata de algo novo, pero esta vez fráguase e difúndese a través das redes...

Depresión política

A EXISTENCIA dunha relación entre estados deficitarios de vitaminas ou minerais e depresión, co seu correlato de tristeza, parece incuestionable. Pero, excluída a etioloxía orgánica, haberá que buscar outras causas que expliquen esta tristeza que me inunda. Só pode ser unha tristeza social e política por unha carencia ou déficit democrático. Por ser social, non por unha...

A historia escríbese en masculino

ORGANIZAMOS, clasificamos y relacionamos todo o que nos rodea segundo una lóxica determinada. A isto chamámoslle coñecemento: poñer orde no caos. Por iso, cando miramos ao pasado é inevitable proxectar sobre el unha estrutura organizativa que lle dea sentido, un sentido que buscamos sempre desde a nosa condición presente. Cando abrimos un libro de Historia da Filosofía as...