Grupo Doxa de Filosofía
Grupo Doxa de Filosofía

Futuro anterior

DESDE O PUNTO de vista dun espectador distante e imparcial a sorpresa das persoas diante do acontecer (ás veces chamado "Historia") resulta cómica se non tivese, con frecuencia, consecuencias negativas para elas mesmas. Para este espectador a inxenuidade do público diante do curso dos acontecementos sociais e persoais, é dunha candidez que oscila entre o risible e o...

Políticas que matan

SEGUNDO UN estudo realizado na Universidade da Coruña e publicado na revista The European Journal of Health Economics existe unha relación "moi significativa" entre a crise económica e o incremento de suicidios en Galicia, este incremento significa para o ano 2014 o falecemento de 390 persoas, de acordo co Movemento Galego da Saúde Mental (MGSM). A cifra de 2014 é a mais...

El arte de hacer bien las cosas (o hacerlas mal)

EN NUESTRA cultura occidental, el arte es habitualmente comprendido en un sentido muy preciso, y a su vez, muy limitado. Suele referirse en exclusiva a esas obras estéticas que realizan ciertos artistas profesionales y que se exhiben en los espacios y los canales institucionalizados para tal reconocimiento: sean los museos, los palacios de la ópera o las salas de...

Encarar o futuro

A PREOCUPACIÓN polo futuro e a súa dependencia do presente parece unha constante da humanidade e, por suposto, da filosofía. Así, Hegel, pensador no que culmina o idealismo alemán, pensa que estamos atados ao presente cando di que ninguén pode saltar alén da súa propia época. Pouco despois Marx, un dos seus "discípulos díscolos" (idealista en tanto que discípulo e...

O meu benestar, a túa morte

SEGUNDO A Onu ao redor de 250.000 persoas morreron e 13,5 millóns necesitan asistencia humanitaria dentro de Siria. Máis do 50% da poboación siria está en situación de desprazamento.  Hai máis de 4,5 millóns de refuxiados sirios en só cinco países: Turquía acolle a 2,5 millóns (unha de cada cinco persoas da poboación do país), Líbano acolle a uns 1,1 millóns (unha de...

Primeiro como traxedia e despois como farsa

"PODERÍA DISPARAR a xente na Quinta Avenida e non perdería votos", esta é unha máis das arroutadas de Donald Trump, o virtual candidato republicano á presidencia dos Estados Unidos. Menos mal que é pouco probable que esa oratoria desbocada o leve a ser o próximo presidente norteamericano, pero todo é posible. Desde logo sería un mal signo que despois do primeiro presidente...

Manual para sobrevivir á democracia de mercado

AÍNDA QUE que a democracia de mercado é un oxímoro, se o aceptamos convencionalmente como descrición dunha realidade sociopolítica, permítenos analizar a grande imbricación entre a teoría elaborada por Schumpeter, na que o modelo de participación política que describe e defende reflicte mimeticamente a economía capitalista, e a realización práctica da mesma na...

Ética da política

A RELACIÓN entre a ética e a política resulta ser un debate clásico e tamén de gran actualidade xa que a tensión que existe entre os dous conceptos permite dilucidar algunhas das causas ou consecuencias do mundo que estamos a vivir hoxe en día. Recentemente Plaza y Valdés acaba de editar o libro Ética de la política en John Stuart Mill y George Grote . Os dous textos...

Invitación á filosofía

"NON TE EMPEÑES en ser o que non eres, senón en acadar o que eres" . Este podería ser un consello de calquera dos moitos filósofos clásicos que recomendaban a autenticidade como base de calquera vida feliz e digna de ser vivida; pero é do economista e escritor contemporáneo José Luis Sampedro, dunhas anotacións publicadas de maneira póstuma baixo o título ‘La vida perenne...

Luhmann e Camus

UN DOS TRAZOS que distingue á sociedade moderna (no Renacemento) fronte á anterior (do Medievo), é o interese por acadar a autocomprensión de si mesma. Coñecer a súa singularidade e a época histórica que inauguraba, era unha preocupación importante. O seu obxectivo: entender, e facerse cargo, do rumbo da historia. Nos séculos seguintes esta preocupación impulsa achegamentos...

Manolo de Riba

FINOU Manolo de Riba, un home ao que, coma a outros, a historia deparou a oportunidade de ser útil á sociedade dende o liderado. Algúns declinan dita responsabilidade pero, afortunadamente, moitos outros asumen ese rol nos seus diversos niveis de responsabilidade. Manolo puido seguir a vivir como a maioría, como se viña facendo decote ata ese intre, puido emigrar como...

Hermenéutica da lectura

LER É un acto intelectual complexo. Nel os individuos enfróntanse a unha serie de signos ou de símbolos e son capaces de percibir o seu significado ou reverter o seu sentido. Significado e sentido permanecen ocultos, excepto para aqueles que efectivamente son capaces de acadalos: os que saben ler. Nas primeiras sociedades o individuo alfabetizado era aquel que podía...

Filosofar en nome de ninguén

ESTA TRIBUNA naceu para promocionar a filosofía pero hoxe vou ser incorrecto - en realidade, os filósofos, sempre foron os primeiros en criticar(se)-. Quero chamar a atención sobre os discursos que pretender ser voceiros do universal, sobre os que se erixen en amos dos conceptos e pretenden ter a opinión dominante.  En particular os debates sociais están cheos de...

A violencia

DEFINE a Biblia do internauta, ou sexa a Wikipedia, a violencia como "un tipo de interacción entre suxeitos que se manifesta naquelas condutas ou situacións que, de forma deliberada, aprendida ou imitada, provocan ou ameazan con facer dano ou sometemento grave ( físico, sexual, verbal ou psicolóxico) a un individuo ou a unha colectividade; ou os afectan de tal maneira que...

Explotación laboral

A MEDIADOS do século XIX o diputado a Cortes ourensán Urbano Feijóo Sotomayor puxo en marcha, co beneplácito real, a Compañía Patriótico Mercantil coa intención de axudar aos seus compatriotas galegos pobres á vez que favorecer a economía da Cuba colonial. O experimento consistíu no monopolio para introducir na illa de...

Woodstock

CONTA PLATÓN que, co gallo de festexar ao dramaturgo Agatón, reuníranse, tempo atrás, persoeiros prestixiosos da cultura de Atenas nun banquete no que, rematada a comida e correndo o viño en abundancia, os presentes decidiron pronunciar, sucesivamente, discursos en louvanza do deus Amor. Non e propósito deste...

Ni tan racionales ni tan importantes

LO BUENO que tienen la filosofía y la ciencia, cuando trabajan juntas, es que nos ayudan a desmontar los falsos mitos que continuamente intentan vendernos como grandes verdades. Uno de esos mitos es el que dice: «Los humanos somos seres racionales, y esto es lo que nos distingue de los animales». Bueno, aunque nos joda,...

Obedecer a lei

Obedecer a lei? É este un deses dilemas cruciais, aos que se enfrontan as nosas sociedades. É, ademais, un dilema propio de sociedades democráticas. Nos totalitarismos a lei cúmprese sen discutila, so pena de graves consecuencias para o infractor, quen pode adquirir, polo mesmo, un rango moral superior. Nas democracias, en cambio, a lei é continuamente criticada e moitas...

Humillación

PALABRA humillación vén do latín ‘humus’ (terra), significando a acción de tirarse ó chan para amosar a propia condición de inferioridade. Noutro tempo esta consideración formaba parte da orde natural das cousas —cando non se discutía a innegable superioridade dos que gobernaban pola forza— e polo tanto, o feito de humillarse non tiña aínda un sentido moral, non era...

Desculturización programada

DESCULTURIZACIÓN programada das clases medias xera tendencias borrosas, efectos difíciles de anticipar. Hai trazos coñecidos: o antiintelectualismo, o rancor ao culturalmente sólido, o infantilismo estético, a rotura co rigor, o hedonismo posmoderno, o relativismo naif, o distanciamento de calquera produto artístico e intelectual relevante no material e complexo no formal....

Coñecer e pensar

ADORNO, TRALA Segunda Guerra Mundial, modifica o imperativo categórico kantiano para afirmar: «Actúa de tal maneira que Auschwitz non se volva repetir». No mesmo sentido Hannah Arendt, referíndose ao Holocausto, repite: «Xa vivimos o inferno e este pode volver suceder». Arendt, no seu estudo sobre a banalidade do mal establece unha interesante distinción entre coñecer e...

Reorientar a mirada

NON SEI SE a seguinte situación lles di algo: hora de comer/cear, televisión accesa na cociña, charla desinteresada co ruído de fondo que chega do aparato e de pronto, comezan a falar e amosar imaxes de refuxiados, atentados, miserias, fames, deportacións ou crueldades tales que descualifican a calquera que se asome...

Expropiación de la filosofía

A FILOSOFÍA proporciona un análisis y capacidad de reflexión transversal que debería estar presente en todas las disciplinas que tienen por objetivo mejorar la comprensión del mundo actual y desarrollar respuestas adecuadas a los retos a los que nos enfrentamos». «La filosofía es una disciplina que estimula el pensamiento...

Colaboracionismo

SEGURAMENTE, unha ampla maioría de profesores e profesoras de filosofía utilizamos nalgún momento un pequeno texto de Bertrand Russell, extraído do seu libro ‘Os problemas da filosofía’, onde caracteriza o «home que non ten ningún verniz de filosofía». A intención sería suscitar no alumnado,que se achega por primeira vez á filosofía no bacharelato, o interese pola...

Cidadanía aprazada

O QUE SUBSCRIBE é un dos perennes aspirantes a acadar a categoría de cidadán que, condicionado pola implacable ditadura dos anos, empeza a desesperar de acadala algún día. Padecemos o franquismo, que prohibiu por decreto ata o uso mesmo da palabra, máis tarde o franquismo sen Franco deu paso á democracia formal pola que transitamos e que, aínda que recuperou a palabra,...

Unha democracia devaluada

VIVIMOS NUNHA democracia procedimental absolutamente exigua que non axuda a comprender a esencia do propio sistema democrático. Cómpre lembrar algún dos valores e actitudes que subxacen á palabra democracia: a representación efectiva da oposición política, o control do sistema democrático pola cidadanía co fin de que...

Oradores ou engaioladores?

SABER CONSTRUÍR argumentos e ter as habilidades necesarias para defender as propias opinións forma parte do exercicio que todo cidadán debe saber poñer en práctica no contexto democrático. Sen dúbida, se non aprendemos isto a nosa participación queda disminuída, e moitas grandes ideas quedarían reducidas á reflexión solitaria sen posibilidade de ser compartidas para...

Memento vivere

'MEMENTO MORI’ é o voo da curuxa unha frase latina que pretendía recordar ás persoas a súa condición mortal: «Lembra que es mortal». Usada como tópico na literatura e na arte europeas, tiña como función conxurar a vaidade da existencia e facer pensar na futilidade de amorear bens e propiedades diante dunha morte inelutable. Na súa forma extrema podería considerarse como...

Esa viaxe inevitable

ESTAMOS NO OUTONO e xa non queda lonxe o mes de Santos, tempo que o calendario destinaba a prestar atención a esa derradeira viaxe que teremos que emprender nalgún momento cara o descoñecido destino denominado comunmente como o alén. Seguindo esta vella tradición, expóñense deseguido algunhas reflexións verbo dun tema que adoita ser desacougante. Dicía o vello Heráclito...

Teoría del héroe

P UEDE QUE que las turbulencias de la crisis, y sobre todo las ganas de dejarla atrás, convenientemente manejadas desde el poder en período electoral, nos impidan ver dónde está lo esencial: qué es lo que queremos y qué debemos desear. En gran parte de la historia se forjaron modelos vitales para balizar la búsqueda de la felicidad y la justicia, modelos propiamente...