Grupo Doxa de Filosofía
Grupo Doxa de Filosofía

Prostitución, o oficio máis vello do mundo?

HAI CERTOS datos de interés que nos poden axudar a entender: O 90% das persoas que exercen a prostitución son mulleres, o 3% homes e o 7% transexuais; o 87% son mulleres migrantes procedentes de América Latina, África Subsahariana e nos últimos anos de Europa do Leste -aínda que coa crise as mulleres españolas vense forzadas a voltar a esta situación-; catro millóns de...

¿Xa empezou a próxima crise?

O ANUNCIO de que a crise rematou por parte dos que interesadamente a provocaron e xestionaron vén coincidir co inicio da crise seguinte. O capitalismo deseña ciclicamente as súas propias crises, ás que dota de diferente profundidade e obxectivos concretos, segundo a súa comenencia en cada caso. Independentemente da énfase que poña en algún obxectivo puntual, todos obedecen...

Animalia

NALGUNHAS CIDADES e pobos perviven costumes e tradicións nas que o elemento central de diversión consiste no maltrato de animais de todo tipo como touros, cabalos, bois, cans ou galos. Son rituais sanguentos xa institucionalizados e caracterizados por unha crueldade absolutamente gratuíta que resultan moralmente vergoñentos. Ás veces semella que seguimos anclados na Idade...

Pan e respecto

AS OPCIÓNS QUE representan os partidos políticos son algo máis que paquetes de medidas prácticas para darlles solución aos nosos problemas: na súa base está unha interpretación do que é o ser humano, e no seu horizonte, o modelo social que a esa interpretación lle corresponde. Convén non olvidalo, porque a democracia neoliberal (se é que tal cousa é posible) corre o risco...

'Ars amandi'

AFIRMA MICHEL Foucault na súa ‘ Historia da sexualidade’ que a nosa civilización carece de algo semellante a unha ‘ars erotica’ que como queda rexistrado nos textos históricos tiveron a fortuna de posuír os habitantes doutras idades. Neste senso o profesor Xosé Manuel Domínguez Prieto no limiar da súa obra ‘Alén da libido’ sinala que: "Historicamente, temos...

Pedras que falan (un centenario)

IGUAL QUE o ceo estrelado está cheo de signos que non son inmediatamente descifrables, moitas pedras espalladas polos montes de Galicia conteñen unha simboloxía que solo é significativa para os que dominan certas claves, pedras e estrelas que falan unha linguaxe misteriosa, aberta ás interpretacións pero sobre todo necesitada de estudo e investigación. Un dos...

Viaxar é difícil

TEÑO amigos moi precavidos que presumen de GPS e non saben o que é perderse nas estradas. Eu non estou por principio contra os avances da tecnoloxía, pero cando falamos deso sempre penso nos tecedores que según McLuhan perderon habilidade manual cando apareceron os telares mecánicos, ou nos placeres difíciles do viaxeiro a pé, porque toda ferramenta é en parte anestésica e...

Condenado ao ostracismo

VIVIMOS NUN período de emerxencia social motivado por unha crise estrutural do sistema capitalista, que moitas veces imaxinamos como conxuntural. As transformacións levadas a cabo polo capitalismo en países como España, Portugal, Italia, Grecia, etc. colocaron as persoas como as súas vítimas creando nelas o desarraigamento ante un mundo que se lles presenta hostil....

Maridaxe perfecta

AÍNDA QUE QUE a recente toma de posesión de cargos electos e a simultánea finalización do curso escolar ordinario non aparentan ter unha relación inmediata, en canto afondamos algo na realidade presente e nas consecuencias futuras, a relación tórnase evidente. Vexámola. Parte dos resultados electorais permitirían albiscar no horizonte, distante, iso si, un leve elemento...

Ecoloxía política

SON MOITOS os sinais que temos hoxe en día que fan pensar nunha fase de esgotamento dos recursos minerais e enerxéticos tradicionais. Son moitos os indicadores que reflexan a progresiva degradación ambiental e as desigualdades locais e mundiais configurando un panorama crítico e nada edificante. Por estas razón, últimamente estase a discutir sobre a lóxica crecentista...

A moderna escravitude por débedas

TAL E COMO narra Aristóteles na súa ‘Constitución dos atenienses’, Solón -un dos sete sabios de Grecia, poeta e grande estadista- sentou as bases da democracia grega coas súas reformas. Conta o filósofo que os longos enfrontamentos entre unha oligarquía que acaparaba a riqueza e un pobo cada vez máis desposuído levaron a ambas as partes a acudir a Solón para que mediara no...

Vindicación da intimidade e da lectura

NA OBRA ‘Eloxio da infelicidade’ o filósofo Emilio Lledó, recente premio Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades, recórdanos que o pensamento nace no murmurio interior da nosa intimidade, no diálogo incesante con nós mesmos coa condición de que sexamos capaces de airear, renovar, enriquecer o discurso do noso pobre e angustiado eu co inacabado diálogo cos...

Pensando en ti

ESTE ARTIGO ten como destinatario especial ao alumnado que ven de rematar o Bacharelato e comeza unha nova xeira na súa vida, unha xeira na que abundan as incertezas e da que non está ausente o medo. A orixe deste artigo garda relación coa ausencia de reflexións acaídas para un momento da importancia deste e que, segundo parece, teñen sido botadas de menos. Eu tamén...

Jaque a las viejas formas

LO MÁS destacable de las elecciones municipales y autonómicas del pasado domingo ha sido la fuerza con la que han irrumpido las plataformas ciudadanas. Estas plataformas, que eligieron a sus candidatos y elaboraron sus programas en asambleas abiertas -un sistema que también ha adoptado el BNG-, tendrán una difícil tarea por delante dentro de las instituciones, pero junto a...

Creontes neoliberais

NESTE MUNDO occidental -algúns din civilizado, pero haino que cuestionar ás veces- está a imporse o modelo de pensamento (se utilizamos o eufemismo) ou ideoloxía (se preferimos a palabra descritiva) neoliberal. Este tende a presentarse como a consumación dos tempos (Hegel renovado, Fukuyama ausente) e a mesturar as súas raíces coas doutros pensamentos, para parasitalos e...

Ás voltas coa igualdade

A CRISE económica ten unha serie de consecuencias que afectan directamente ás mulleres e ao movemento feminista como tal. A estas alturas é unha obviedade dicir, que se antes da crise as mulleres eran as máis golpeadas polo paro, a pobreza, a discriminación salarial, os contratos lixo, agora co agravamento desta, a situación empeorou e multiplícanse todos os índices en...

Réquiem pola antropoloxía

(Aos meus alumnos de antropoloxía) XA SE TEN falado e é de dominio público, e repetidamente exposto nestas mesmas páxinas, que a filosofía vai saír debilitada nos novos plans de estudos, a famosa LOMCE que entra en vigor o curso que ven no ensino secundario. O que non se comenta tanto é o relativo os parentes menores da filosofía na secundaria: a antropoloxía que...

O dereito a soñar esperto

"A utopía está no horizonte. Camiño dous pasos, ela distánciase dous pasos e o horizonte córrese dez pasos máis alá. ¿Entón para que serve a utopía? Para iso, serve para camiñar" (Eduardo Galeano) HAI DEREITOS tan esencialmente humanos que non aparecen recollidos en ningunha das declaracións formais dos mesmos ao longo da historia. Así, o dereito a equivocarse,...

Lomce, filosofía e (des)educación

O ANTEPROXECTO DE Decreto polo que se establece o Currículo da Educación Secundaria Obrigatoria e do Bacharelato na comunidade autónoma de Galicia elimina tres das catro materias que viñan compoñendo o ciclo completo dos estudos de Filosofía na Eso (a Educación para a Cidadanía de 2º da Eso, a Educación Ético-Cívica de 4º da Eso, e a Historia da Filosofía de 2º de Bac)...

O animal arrogante

SEN DÚBIDA, o que pensamos de nós mesmos poucas veces obedece á realidade e di máis do que nos gustaría ser que do que somos. Sucédenos isto como individuos, pero tamén como especie. Salvo excepcións, que calificamos habitualmente de pesimistas, o ser humano sempre se tivo en moi alta consideración outorgándose a si mesmo características superiores que lles negaba ao resto...

Esgazaduras e zurcidos na identidade

ALGÚNS DATOS tomados aquí e acolá, semellan indicar que remata o tempo de pensar a identidade. Achéganse xeracións con preocupacións e expectativas distintas. A urxencia biolóxica e o ritmo das máquinas imponse no pensar e actuar. A preocupación polo eu esvaécese por tedio, indiferenza ou falta de tempo. Mais, entre tanto, vaise alterando paso a paso, case...

¿Por qué crecen las desigualdades sociales?

EN LOS últimos siete años, España ha sido el país de la OCDE -el club de los países supuestamente desarrollados- en el que más se ha acentuado la brecha entre ricos y pobres, al tiempo que se ha ido desmantelando la clase media. Aunque la igualdad es un valor que regula nuestro sistema de derechos y deberes, en la práctica vemos cómo una y otra vez se toman decisiones...

Parvos, parvos, parvos

CONTA SLAVOZ Žižek a seguinte anécdota: un catedrático inglés foi invitado a dar unha conferencia no Ruskin College de Oxford (institución para estudantes de clase obreira). En Inglaterra era costume na época, en determinados círculos de cabaleiros ingleses, iniciar a charla pedindo escusas polos escasos coñecementos que sobre o tema puidera ter o conferenciante. Tal fixo o...