IV Certame de relato curto

Un conto de inverno / Horizonte de sucesos

Un conto de inverno Hai un momento había luz. Unha luz triste, morna, unha luz que proxecta sombras alongadas sobre cores frías. En Casagrande, un gran lume alimenta o espírito fronte aos terrores da noite. A música soa alegre e escóitanse as vellas cancións. Crisagón mira a través do buraco cara á escuridade. Aperta o pomo da espada e espera. —Tardan! —O ton...

Shhhhhhhhhhh / Tren a ningures

Shhhhhhhhhhh UNHA mañá, antes de ir ao colexio, Lois foi a unha das súas caixas de xoguetes e colleu un Spiderman que lle encantaba e fíxoo saltar sobre o Batman tan serio que estaba no alto dos andeis. Colleunos e sentouse na mesa da cociña sen deixar de enfrontalos e dubidando cal dos dous debería gañar. Cando entrou a súa nai apurada na cociña e viu que aínda...

Non confíes / Unha viaxe fantástica

Non confíes LEVABA TANTO tempo no paro que, cando atopou aquel cartel no poste la luz no que se ofrecía un traballo nunha carpintería, non o pensou dúas veces e chamou rapidamente. Citáronno para aquela mesma tarde, e alá foi. El non era daquela vila e custoulle atopar o lugar, xa que estaba nas aforas, ao final dunha pista medio asfaltada e non había nin sinais....

A viaxe de Laín e Aloia / Adicción

A viaxe de Laín e Aloia Nada máis saír xa estaba completamente enchoupado. A chuvia parecía xurdir por todas partes, ata tal punto que aquilo era máis un baño no río ca un paseo pola rúa. A humidade penetraba ata dentro do seu ser, facendo que lle tremese todo o corpo. Aínda non sabía ben onde se atopaba, só podía escoitar un...

Os escribas de almas / O sorriso dos domingos

Os escribas de almas Roque ía de camiño á casa despois dunha xornada de traballo algo decepcionante que lle facía pensar nalgunhas cuestións. Outra vez el e os seus compañeiros tiñan que escribir as vidas dos mortais de certa rexión do mundo, facendo coincidir as circunstancias do nacemento e a forma de morrer. As historias das vidas dos mortais de dous anos, de cinco ou...

Xaime / Lonxe da realidade

Xaime VERMELLO. Agardo co carro da compra baleiro. Un home na outra beirarrúa atópame coa mirada e saúdame. Verde. Boto a andar cara a el. Parécese a Xaime, o curmán de Mario, aquel que tiña un irmán xemelgo. A Mario non o vía dende a primaria; con Xaime e co seu irmán coincidira despois no instituto. Xaime, si —ruborízome— sairamos algún tempo. Gustábame aquel rapaz de...

Punto e á parte / Maldita gaivota

Punto e á parte  AO abandonar o hotel no que estaban hospedados, el tomou a súa man con sixilo e apertouna fortemente. Ela sentiu, de súpeto, un frío lóstrego no peito ao contemplar na súa faciana unha lixeira expresión de tristura. O tránsito dos viandantes mesturábase co son dos vehículos que atravesaban a estrada, creando un balbordo que obrigaba a erguer...

Un laxeiro da última época / A ponte

Un laxeiro da última época  Non entendo nada de pintura, pero gústame —di Ulloa. —E ante todo é un Laxeiro —di Andrade. Ulloa ten un rostro brutal, inerte e inexpresivo coma unha máscara, idóneo para o seu carácter, como se o tivese escollido despois de media vida consagrada a negocios inconfesables. A arte é misteriosa, é soberana e proteica coma o mar, pero...

A Santa Coada / Nós

A Santa Coada  O DÍA que a Santa Compaña entrou pola porta da nosa casa na busca do meu pai, todos os que o velabamos a carón da súa cama quedamos abraiados ao atoparnos cunha ringleira de defuntos vestidos de rosa. Parece ser que o día anterior, a Compaña, no seu eterno vagar polo rural, fora recoller o dono dunha tinturaría alá pola zona dos Ancares....

Un mundo de absurdos / Solpor

Un mundo de aburdos  HOXE é un deses días de novembro no que as sombras do outono fan reinar as noites case ás cinco da tarde, esa hora mítica na España da tauromaquia. Un mes que tamén fala de mortes e de nostalxias, construíndo misterios nacidos da ignorancia. Na escola non se comenta outra cousa: como se lle ocorreu a Pedro entrar a xogar na mina abandonada...

Querida miña / Tímido e calado

Querida miña Querida miña: Son tantas as cousas que quero contarche, miña raíña... Fáltannos as palabras. Tiña que dicirche que non foi o noso un amor a primeira vista. Ao primeiro víate indecisa, coma o teu nome. No teu interior, cidades amuralladas. Precisei de contacto, de pasar tempo xuntos, de percorrer contigo camiño. Que bonita palabra vindo de ti, que es meta...

O tráxico de cerrar un libro / A eterna bailarina

O tráxico de cerrar un libro Dende onde se atopaba podía oílas con claridade. Falaban de forma tranquila pero apaixoada sobre libros, eran esa clase de lectoras que se somerxen na historia dende a primeira páxina ata a última frase, desas que devoran libros un tras outro e das que se paran xusto despois de acabar para refl exionar sobre o que acaban de ler. Unha delas...

A despedida / Sicario

A despedida 11-11-1918 "Les armes furent, de tous temps, les instruments de la barbarie" Charles de Gaulle Mon amour: Xa é de noite. As estrelas míranme dende o ceo alleas á masacre mundana. Non sopra o vento, non se move unha alma. Xunto ao lume as tímidas notas da harmónica de Antoine rompen o silencio sepulcral. Aínda que todo semelle estar tranquilo, os...

Mirando a outro lado / Esquezo

Mirando a outro lado Chegou do colexio moi leda, viña cantando e brincando. Na porta da casa agardábaa a súa nai cun sorriso, coma todas as tardes. A nena deulle dous bicos coma todos os días, sen decatarse que a súa nai cada día estaba máis feble e mirrada; para ela seguía sendo a nai máis fermosa do mundo. Mentres merendaba, a nena non deixaba de parolar e...

Que é a vida? / Xeado de recordos

Que é a vida? O vento sopraba forte en días tan animados. O mar tiña o seu propio soliloquio no teatro da vida. O ceo seguía deprimido pola repentina fuxida do sol. A natureza volveu ser a protagonista despois de tanto tempo oculta na calixe. O cláxon dun coche sacoume dos meus pensamentos. Pechei os ollos co recordo da miña alma precipitándose na escuridade; non...

Viaxeira / Verbas no ar

Viaxeira A HUMANIDADE deste océano estremece ata o recuncho máis profundo do meu ser. Déixeme, mar, fluír. Fluír nun devir e sentir a viveza do teu corazón. Somérxome coma un arroaz aloumiñando suavemente as túas ondas, e xogo entre a area do teu berce. Ledicia salgada. A calor comézase a sentir neste meu novo fogar e o ceo chámame a berros. Case sen me decatar,...

Lembranzas / O príncipe enfeitizado

Lembranzas Atópome nunha habitación escura, sinto que levo encerrada aquí anos. Preciso escapar. Saio de aí. Encontro un corredor. Boto a correr pero segue sen haber luz. De súpeto, creo distinguir ao lonxe un recordo. Literalmente. Estouno vendo, diante de min. Son eu de rapaza, na escola. Estanme empurrando, insultando. Doe. Marcho.  Sigo correndo. As...

Amor moído / Pegadas

Amor moído NUNHA CIDADE calquera hai un home sentado nunha bonita cafetería. Ten o cabelo cano e a cara sucada polas marcas do tempo. Está inquedo e, mentres finxe ler o xornal, bebe a sorbiños auga con limón. De súpeto, entra no local unha fermosa muller coa vida xa andada, pide na barra un café e toma asento nunha mesa diante do home. No intre que dura un segundo,...

O camiñante / Feiticeiro recendo

O camiñante Saín ás tantas da taberna do Moucho sen saber que pé ía diante e cal detrás. E a miña Felisa... Ah! se chego de volta, poñamos por caso, sen unha bola de pan baixo o brazo, ou sen ter levado o lixo fóra ou, xa non digamos, se entro pola porta pasada a unha e media da mañá co bafo fedendo a augardente, é moi de seu latir coma can cérbero, cando non zorrega...

Olladas de mel / Pombas brancas e garzas morenas

Olladas de mel Os paxaros significaban esa liberdade que non tiñan, e a choiva e os tronos, toda esa rebeldía que nunca se atreverán a manifestar. Estaban presas sen traxe de raias. As dúas loitaron, mais era a sociedade a que lles pintaba trabas e lles poñía gaiolas imaxinarias de prexuízos creados por eles. O seu corpo estaba na terra, mais a súa mente...

Amencer verde / Parte de min

Amencer verde  A casa era grande, enorme, escondida nunha morea de árbores. As portas e fiestras nunca se pechaban, aínda que nin o frío do inverno, nin o calor no verán alteraban a nosa rutina. As camas penduraban do teito, nunca chegabas ata o máis alto, e durmiamos como paxariños nos seus niños. Viaxabamos nunha especie de barcos que navegaban sen auga, por...

Realidade / A vista desde a miña ventá

Realidade   Amencín engaiolada, con frío, amarrada de pés e mans. Sentíame soa, pero estaba moi acompañada. Dous homes, famentos de riqueza, mirábanme coma quen mira un trapo vello, mais eu xa sabía que todo acabaría así. Eran dous homes fortes e poderosos, que farían o que fose por ter un euro máis no peto, pero xa os teñen cheos. Tamén os teñen cheos de bágoas...

Inverno / A gran perda

Inverno »Creo recordar que a chaman Inverno. Hai tempo tivo outro nome, outra vida. E quizais un pasado que non daba pé á existencia de lendas como as que hoxe se contan. »Gustaríame poder dicir que esta historia é fermosa coma calquera deses contos que adoito narrarvos a carón do lume. Gustaríame acompañar o relato cuns acordes do meu laúde e conseguir que se grave...

O espello / A viaxe de Jules

O espello  APOIOUSE no lavabo e lavou o rostro con auga xeada, suspirando. Tentaba tranquilizarse, mais non se vía capaz de facelo, e non podía comprender o porqué. Ultimamente non se atopaba como de costume. Estaba alterado, malhumorado, inquieto. Sentíase como se non pertencese a ese lugar, como se a súa casa non fose o lugar onde debía estar. Estaba fóra de si,...

O País do Revés / Historias que trae o mar

O País do Revés Era unha vez unha nena chamada Onika, a cal vivía nas aforas da cidade cos seus pais. Unha mañá de decembro, seu pai entrou ao seu cuarto cunha caixa e díxolle: —Filla, isto é para ti. Un pequeno agasallo polas túas boas notas. A nena deulle un bico e, ao abrir a caixa, descubriu un pequeno gatiño de cor negra e ollos verdes. Co tempo, o gato, ao...

Por que gris? / In the darkness

Por que gris? Mamá, falta moito? preguntei, aburrida de estar no coche. -Só un par de quilómetros, Lucía. -Por que teriamos que mudarnos! Co ben que estabamos en Barcelona... -Ofrecéronme un traballo de profesora mellor que o de alá. Calei. Ao chegar instalámonos nunha vella casa de pedra. Chegamos un domingo. Ao día seguinte iría ao novo instituto. Estaba...

A campesiña na guerra / Ela

A campesiña na guerra Á saída de San Salvador, e indo cara a Guazapa, Berta Navarro atopou unha campesiña desaloxada pola guerra, unha das miles de campesiñas desaloxadas pola guerra. En nada se diferenciaba de moitos homes e mulleres caídos a causa da fame e da miseria. Pero esa campesiña estaba en pé no medio dun calello, sen nada de carne entre os ósos e a pel....

O monstro do bosque / Que está pasando?

O monstro do bosque A rapaza saltaba as sombras das árbores, alongadas por un sol que comezaba a ocultarse. Saltaba para non pensar que estaba perdida naquel bosque e xa se estaba facendo de noite. A punto de durmir entre as raíces dunha árbore, un son descoñecido inquietouna. O medo medrou nela a medida que o ruído se achegaba. Entón, unha figura enorme saíu...

O maletín / Diamond eyes

O maletín Había unha vez un home, un home normal, coma calquera outro. Certo día, paseando pola cidade despois do seu monótono traballo, atopa un maletín, un maletín normal, coma calquera outro, feito de coiro e con costuras vermellas. Decide non abrilo alí, nese momento, porque pensa que non hai nada que o diferencie dun maletín normal, coma calquera outro. Lévao para...

Tobi, un can precioso / Na metade da ponte

Tobi, un can precioso Como Deus ben sabe, a maioría dos cans son moi cariñosiños con nós. Tobi vivía en Chantada. Era un deses cans cariñosiños de raza palleiro. Cada mañá paseaba coa súa dona, dona Margarita, unha muller xa maior, de pelo crecho e louro, de ollos azuis, cunhas lentes vermellas e cun forte carácter. Ían todos os días por aquel pequeno barrio. A elegancia...