María Varela / A lume maino
María Varela / A lume maino
Un pai e unha nena xogando con pompas de xabón. EFE

O mellor do ano peor

Sentar á beira do mar. Cos ollos seguindo a liña do horizonte. Agardar a que o sol se meta na auga e desapareza deixando tras de si un espectacular lenzo de cores. Foi un dos agasallos dun ano no que a natureza se revelou como a sanación de canto nos acontece. Amosouse espida. Cos ceos limpos, transparentes. Co mar quedo e libre. E a vida animal recuperando os espazos...
Un home maior diante dun escaparate de Nadal. EUROPA PRESS

Un Nadal diferente

VARÓN 84 anos, CHUP. Muller, 95 anos, Hospital do Salnés. Muller, 89, procedente da residencia de anciáns. Varón, 67 (...) Todas as noites o Sergas comunica a listaxe xélida de falecidos por covid en Galicia. Dá tres datos: o xénero, a idade, o hospital que fixo todo o posible por sacalo ou sacala adiante antes de que finara. E engade unha frase ó final: Todos con...

Vailles na saúde

Un dos meus recunchos preferidos en Pontevedra é o Lérez. Á súa beira esténdese todo un cinto de cor verde e vocación saudable que todos os días se enche de vida. Os que o corren, os que o pasean, os que o percorren en bicicleta... Ó carón do río medra todo tipo de actividade deportiva. Así, camiño da Illa das Esculturas ti podes atopar os canoístas pasando baixo a Ponte...
A soidade do outono nunha praza baleira. BEATRIZ CÍSCAR

Outono sen avós

Desde que o verán marchou e retornaron as clases, moitos avós empezaron a esvaecerse da paisaxe. Ás portas dos colexios son só os imprescindibles. Protexidos con máscara mantéñense algo máis afastados có resto. Disque os bancos das prazas que outrora acubillaban os seus contos fican algo máis orfos durante este outono. Que nos días solleiros só algúns se animan a estirar as...
Carapuchiña Amarela nun sendeiro nunha fraga no interior galego. N.D.A

Novos tempos que reinventar

O DA COVID. O dos saúdos cos cóbados. O dos sorrisos enmascarados. O das apertas pendentes. O das mans ásperas. O das viaxes preto da casa. O de respirar fondo entre piñeiros e carballos. O da marmelada de amoras caseira e as aventuras baixo o dioivo. O das caliñas silandeiras e os paseos solitarios á beira do mar. O do recendo a café de medianoite. O das rutas verdes por...
António Saraiva y Antón Costas, en el foro en A Toxa. EP

Cada cinco minutos

CAÍA A chuvia cunha virulencia tal que os xornalistas que viñan de fóra empezaron a preguntarse se aquilo da cicloxénese explosiva sería peor que a covid. O marabilloso enclave da Toxa acolleu hai xusto unha semana un encontro cun fío condutor tan suxerente como a reconstrución da era post covid. Nun intre que ten o sabor do histórico e cun elenco de primeiro nivel....

Quién cuenta con los niños

EN ESTA INCERTEZA que flotamos todos hoy me pesa la decepción de los niños por no volver al cole este curso. Nos corresponde a los padres y madres explicarles que es por su bien, por el de todos. Que la decisión tomada hace semanas obedece a criterios sanitarios, de seguridad, que no tiene que ver con la presión de grupos sociales como los sindicatos de educación o la...

Todo esto

Todavía suenan en mi cabeza las palabras de A. contándome entre lágrimas que sus padres estaban ingresados a la vez. Su impotencia era la misma que sentía S. al no poder visitar a su abuela de 94 años en la residencia, incapaz de comprender por qué sus nietas no estaban a su lado. También está reciente el miedo de C., que trabaja en el hospital, a contagiar a su madre, cuyo...
Benito Corbal. JAVIER CERVERA-MERCADILLO - Salida de niños

Os nenos e o coronavirus

NON deixan de sorprenderme. A súa tranquilidade, esa inocencia coa que fían canto lles arrodea e a confianza que depositan en nós. Algunhas veces descubro a miña filla maior escaneando cada xesto da miña cara, buscando algún rastro de preocupación, algún signo de que a súa nai puidera estar mentindo aínda que fose só para protexelos. Sobre todo nos primeiros días do...

A figueira

POLA ventá do meu cuarto asoman as pólas dunha figueira. Leva aí desde sempre, pero nunca reparara especialmente nela, agás nas mañás de verán, de caloriña, cando unha bandada de estorniños escandalosos vén montar a súa xoldra alí diante da fiestra aberta de par en par, case co amencer, e sen preocuparse o máis mínimo do meu sono. Unha árbore máis que cada vez agarda menos...

La soledad

De todas las cosas que se han escrito y dicho sobre el coronavirus, hay una que me corta la respiración directamente y me mantiene secuestrado el sueño: la soledad de quienes pasan la cuarentena solos. La de los enfermos que permanecen aislados en sus casas o en la habitación de un hospital. Las horas graves de la incertidumbre con el miedo anclado a la camilla. Y en los...

Como nenos

NAS ÚLTIMAS semanas moitos fogares convertéronse nun híbrido entre unha oficina e un colexio. Tamén o meu. Nais e fillos aprendemos a reinventar espazos, pasando máis tempo xuntos que nunca e tratando de que non caia o castelo de naipes de cada día entre a plataforma escolar, as reunións virtuais, os deberes, a cociña... Se a vida xa se movía antes como un tren de alta...

Ducias de marzos

Nunca falamos tanto e, porén, ultimamente só nos vemos por videochamada. O último que fixo antes do confinamento foi ir á peluquería. Dóelle perder a vista porque cada vez lle custa máis ler os artigos que escribe a súa neta. Gústalle estar ó día e por iso sabe que o coronavirus non só mata principalmente xente maior coma ela, senón que os afasta dos seus seres...

La ciudad desierta

Sobrecoge el silencio. Las calles vacías. El eco de tus propios pasos. No hay coches. Uno, dos como mucho al volver a casa del trabajo. Alguien con mascarilla que pasea al perro, las manos en los bolsillos y la intranquilidad en la mirada. Las verjas cerradas de pequeñas tiendas, que penden de un hilo. Los bares sin gente. Las plazas sin terrazas, mañana, tarde y noche. Los...
Alumnos da Universidade de Navarra no Centro de Simulación en Enfermeiría. DP

Ós que curan

CANDO o corazón vai a tres mil revolucións por minuto e a incerteza apreta na gorxa. Cando se disparan os síntomas e o medo, e sentimos un nó mariñeiro na boca do estómago, é a presenza dunha bata branca a que representa a calma. Cando unha ameaza invisible nos coloca diante da nosa vulnerabilidade son elas e eles, os que coidan de nós, as que coidan dos nosos, quen pode...
Máscaras de Entroido. EFE

Un conto de Entroido

DE entre todo o repertorio de obxectos e máscaras arrepiantes que agromaban do anaquel da vella tenda da vila había un par delas que metían moito medo. Unha era vermella, coroada por dous afiados cornos negros, tiña unhas cellas en forma de raio da mesma cor. Marcadas as fazulas, queixo afiado e nariz coma un bico de aguia, debuxaban un rostro grotesco, coma se fora o mesmo...
Una niña en un taller de química. ADP

As que miran ao ceo

ALICE MUNRO aproveitaba a hora na que a súa filla pequena durmía a sesta para escribir. Desde a súa, disque humilde, vida nunha granxa canadiense chegou a recoller o Premio Nobel da Literatura facendo brincadeiras co tempo que empregaba para baleirarse sobre uns cadernos vellos e contar as historias que lle nacían nese sitio a medio camiño entre o maxín e o corazón. Non o...
Familias con sus hijos en el parque de Barcelos de Pontevedra. DAVID FREIRE

Pin, pam, pum

ERA INFALIBLE. O mellor método para desfacerse de nós un sábado pola noite. Saían os dous rombos arriba á dereita na pantalla e tiñamos que marchar para a cama e sen rechistar. Non había negociación posible. Se aínda fose un rombo, un só, cabía algunha posibilidade de quedar a ver o comezo do filme, pero con dous, imposible. Existía alá polos oitenta a crenza de que...
Manifestación a prol da lingua galega. AGN

Máis que palabras

CADA vez que escoito falar da mala saúde da lingua galega penso nela, na miña primeira profesora de galego. A que nos fixo ver máis alá da segunda forma do artigo e a conxugar algo máis que verbos irregulares. Aquela mestra que nos explicou que a fala é máis que unha morea de verbas preciosas, un valioso tesouro con pasado e un futuro que só depende de nós. A primeira que...
Performance feminista en Pontevedra. JAVIER CERVERA

El rostro del agresor

LE VIMOS la cara. Teníamos la fotografía a las puertas de los juzgados. El rostro descubierto, mirando a cámara. Perfectamente reconocible. Y nos asaltó la duda. Poner el foco sobre el agresor es una de las recomendaciones en el tratamiento de la violencia machista. Respetar la intimidad de las personas agredidas, también. Y siempre proteger a los menores. Así que abrimos...
Culturgal. GONZALO GARCÍA

Modelo de cidade cultural

TIVEN a sorte de entrar no xornalismo pontevedrés pola porta da cultura. As primeiras páxinas escribinas nun ordenador que parecía ir a manivela e incorporaban unha axenda ateigada de actividades. Daquela, ó vello Diario que se erixía sobre a rotativa na antiga rúa Vázquez Lescaille chegaban decotío artistas locais dispostos a amosar a súa obra en páxina impar e a cor....